Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Mércores, 4 de abril de 2012 Páx. 12124

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Reforzo da Coruña

EDICTO (857/2011).

María Mercedes Santos García, secretaria xudicial do reforzo do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fago saber que no procedemento PO 857/2011, seguido neste xulgado, se ditou sentenza cuxo encabezamento e decisión é do teor literal seguinte:

«Na Coruña o vinte e catro de febreiro de dous mil doce. Vistos por Montserrat Matos Salgado, maxistrada-xuíza substituta do Xulgado do Social número 1 (reforzo) da Coruña e o seu partido, estes autos de xuízo número 857/2011, servidos por instancia de Juan López Garea, José Antonio Baldomir Dubra e Marcos Regueira Fernández, asistidos polo letrado Sr. Pérez López e contra a empresa Instalaciones Eléctricas Iglesias y Berrocal, S.L., que non comparece e o Fogasa, que non comparece, versando a litis sobre reclamación de salarios.

Decido que estimando integramente a demanda formulada por Juan López Garea, José Antonio Baldomir Dubra e Marcos Regueira Fernández, asistidos polo letrado Sr. Pérez López e contra a empresa Instalaciones Eléctricas Iglesias y Berrocal, S.L., que non comparece, e contra o Fogasa, que non comparece, debo condenar e condeno a demandada a aboarlles ao Sr. López Garea a cantidade de 3.284,70 euros, ao Sr. Baldomir Dubra a cantidade de 3.518,58 euros e ao Sr. Regueira Fernández la cantidad de 3.284,70 euros, no sentido exposto no fundamento primeiro, incrementada cos xuros moratorios pertinentes. Así mesmo, debo absolver e absolvo o Fogasa, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no art. 33 ET. Notifíqueselles esta sentenza ás partes e advírtaselles que contra ela poderán interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza que deberá ser anunciado por comparecencia, ou mediante escrito neste xulgado dentro dos cinco días seguintes ao da notificación desta sentenza, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivo. Advírtaselle igualmente ao recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente causa seus, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros (art. 229 Lei 36/2011, do 11 de outubro, reguladora da xurisdición social) na conta aberta na entidade Banesto a nome deste xulgado».

E para que sirva de notificación en legal forma a empresa Instalaciones Eléctricas Iglesias y Berrocal, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 14 de marzo de 2012.

A secretaria xudicial