Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Martes, 3 de abril de 2012 Páx. 11887

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (ETX 3/2012).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 3/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Carlos Moisés Arguello contra a empresa Casona Coruña, S.L., Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

«Auto.

Maxistrado xuíz: Carlos Villarino Moure.

A Coruña, 7 de marzo de 2012.

– Antecedentes de feito:

Primeiro. A sentenza recoñeceu a improcedencia do despedimento de Carlos Moisés Arguello efectuado pola empresa Casona Coruña, S.L., con efectos desde o 30.5.2011. Sen transcorrer o prazo fixado na sentenza e entendéndose que optou a empresa pola readmisión.

Segundo. Carlos Moisés Arguello presentou demanda de execución alegando a súa non readmisión e pedindo a extinción da relación laboral co aboamento da indemnización legal correspondente e os salarios percibidos desde o despedimento ata a extinción daquela conforme as circunstancias da relación laboral reflectidas no título de execución.

Terceiro. O incidente tivo lugar co resultado que consta nas actuacións.

– Feitos probados:

1º. A empresa non procedeu á readmisión do traballador.

– Fundamentos de dereito:

Único. Como resulta acreditado tras a realización da comparecencia e do silencio contraditorio da condenada, que non comparece malia estar debidamente citada para defender o seu dereito sen presentar o empresario proba suficiente que acredite que readmitiu o traballador nas mesmas condicións que antes do despedimento, debe terse como certo que a empresa non procedeu á readmisión do traballador nas mesmas condicións que dispón o título executado, o que leva consigo conforme establece o artigo 281.2 da LRXS que se dite auto que, segundo o artigo citado:

a) Declarará extinguida a relación laboral na data da dita resolución.

b) Acordará que lle aboen ao traballador as percepcións económicas previstas nos números 1 e 2 do artigo 56 do Estatuto dos traballadores. En atención ás circunstancias concorrentes e aos prexuízos ocasionados pola non readmisión ou pola readmisión irregular, poderá fixar unha indemnización adicional de ata quince días de salario por ano de servizo e un máximo de doce mensualidades. En ambos os dous casos, ratearanse os períodos de tempo inferiores a un ano e computarase como tempo de servizo o transcorrido ata a data do auto.

c) Condenará o empresario ao aboamento dos salarios deixados de percibir desde a data da notificación da sentenza que por primeira vez declare a improcedencia ata a da mencionada solución.

Non obstante o dito, á vista da entrada en vigor o 12 de febreiro de 2012 do Real decreto lei 3/2012, do 10 de febreiro, deben realizarse as seguintes precisións:

Entende este xulgador que a indemnización por despedimento improcedente de 45 días por ano traballado ata un máximo de 42 mensualidades só se deveña ata a data de entrada en vigor do citado real decreto lei, e todo iso por prever este unha norma de dereito transitorio en canto ás indemnizacións. Así, a disposición transitoria quinta do citado real decreto lei sinala que:

«… 2. A indemnización por despedimento improcedente dos contratos formalizados con anterioridade á entrada en vigor do presente real decreto lei calcularase a razón de 45 días de salario por ano de servizo polo tempo de prestación de servizos anterior á dita data de entrada en vigor e a razón de 33 días de salario por ano de servizo polo tempo de prestación de servizos posterior. O importe indemnizatorio resultante non poderá ser superior a 720 días de salario, salvo que do cálculo da indemnización polo período anterior á entrada en vigor deste real decreto lei resultase un número de días superior, caso en que se aplicará este como importe indemnizatorio máximo, sen que o dito importe poida ser superior a 42 mensualidades, en ningún caso».

Pois ben, no suposto de autos a indemnización, dada unha antigüidade de 12.2.2008 e un salario mensual de 1202,10 euros e calculada ata o 11 de febreiro de 2012, a razón de 45 días por ano de servizo ata un máximo de 42 mensualidades, rateando por meses os períodos inferiores a un mes, ascende a 7.212,60 euros.

Tal importe non supera os 720 días de salario.

En consecuencia, debe ser incrementado coa indemnización de 33 días de salario por ano de servizo polo tempo de prestación de servizos entre o 12 de febreiro de 2012 e a data en que se dita o presente auto, todo iso ata os 720 días de salario indicados como límite máximo. Por iso lle corresponden 110,19 euros máis.

Resulta un total pola indemnización de 7.322,79 euros.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva:

1. Declaro extinguida a relación laboral que existía entre as partes na data da presente resolución.

2. A empresa aboará a Carlos Moisés Arguello a cantidade de 7.322,79 euros, en concepto de indemnización por despedimento substitutoria da anteriormente fixada.

3. Aboará igualmente a cantidade de 5.369,38 euros como salarios percibidos desde a data da sentenza ata o día da data.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se interporá ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes á súa notificación, con expresión da infracción cometida na resolución a xuízo do recorrente, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución recorrida. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións deste Xulgado do Social número 3 aberta en Banesto, conta n.º 1533 0000 30 0003 12, debendo indicar no campo concepto «Recurso», seguido do código «30 Social-Reposición». Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo, o código «30 Social-Reposición». Se efectuase diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase indicando no campo de observacións a data da resolución recorrida utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe. O maxistrado xuíz. O secretario xudicial».

E para que sirva de notificación en legal forma a Casona Grande Coruña, S.L., expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e publicación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 14 de marzo de 2012.

O secretario xudicial