Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Martes, 3 de abril de 2012 Páx. 11885

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (1029/2011).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento obxectivo individual 1029/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Ángeles Cedeira Veiras contra a empresa Belle de Jour, S.L. sobre despedimento, ditouse a seguinte resolución:

«Carlos Villarino Moure, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 3, tras ver o despedimento obxectivo individual 1029/2011 a instancia de María Ángeles Cedeira Veiras, asistida polo letrado Santiago Güemez Abad, contra Belle de Jour, S.L., que non comparece malia estar citado en legal forma.

Resolución:

1. Estimo a demanda sobre despedimento formulada por María Ángeles Cedeira Veiras fronte á empresa Belle de Jour, S.L., e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento con condena da empresa indicada a que readmita inmediatamente a traballadora nas mesmas condicións que rexían antes de producirse o despedimento, ou ben, a elección da empresa, á extinción da relación laboral con aboamento da indemnización detallada no número segundo desta resolución. Todo iso con aboamento, calquera que sexa a súa opción, dos salarios de tramitación que non percibise ata a data da notificación da presente sentenza.

A devandita opción deberá exercerse en cinco días a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido o devandito prazo, sen que se opte, entenderase que procede a readmisión.

2. A indemnización e os salarios de tramitación que debe aboar a empresa demandada, segundo o disposto no número anterior, son os seguintes:

En concepto de indemnización, e de optar a empresa por ela: 21.940,28 euros (vinte e un mil novecentos corenta euros con vinte e oito céntimos de euro).

En concepto de salarios de trámite, os deixados de percibir desde a data do despedimento e ata a notificación desta sentenza, calculados a razón de euros 37,03 euros/día, e que ata a data desta sentenza ascenden a 5.109,86 euros.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes advertindo que contra ela poderán interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza que deberá ser anunciado por comparecencia, ou mediante escrito neste xulgado dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación. Advírtase igualmente ao recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habentes causa seus, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta en Banesto (0030 1846) a nome deste xulgado co número 1533 0000 36 1029 11, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso, así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado, co número 1533 0000 60 1029 11, a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola devandita cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de anuncialo.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Publicación. Lida e publicada foi a anterior sentenza polo maxistrado que a ditou, achándose celebrando audiencia pública no día da data, do que dou fe.

E para que sirva de notificación en legal forma a Belle de Jour, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e publicación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 13 de marzo de 2012.

O secretario xudicial