Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Martes, 3 de abril de 2012 Páx. 11880

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Santiago de Compostela

CÉDULA de notificación de sentenza (procedemento ordinario 329/2009).

No procedemento de referencia ditouse sentenza cuxo encabezamento e decisión se transcribe, así como auto aclaratorio do cal se transcribe a parte dispositiva do teor literal seguinte:

«Sentenza n.º 126/2010.

Na cidade de Santiago de Compostela, 30 de xullo de 2010.

Vistos por Margarita Isabel Poveda Bernal, maxistrada xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Santiago de Compostela e o seu partido, os presentes autos de xuízo ordinario n.º 329/2009 seguidos ante este xulgado entre partes, dunha, como demandante, María del Carmen Lens Liñares, con procuradora Sra. Sánchez Silva e letrado Sr. Gesto Alonso, e doutra, como demandados, José Lens Liñares, María Dolores Lens Liñares, con procurador Sr. Calviño Gómez e letrado Sr. Quintela Miramontes; José Lens Liñares, en rebeldía, e Manuel Lens Liñares, con procurador Sr. Paz Montero e letrada Sra. Vázquez Pérez, sobre entrega e posesión de legados.

Decido que estimando como estimo a demanda interposta por María del Carmen Lens Liñares, con procuradora Sra. Sánchez Silva e letrado Sr. Gesto Alonso, fronte a José Lens Liñares, María Dolores Lens Liñares, con procurador Sr. Calviño Gómez, José Lens Liñares, en rebeldía, e Manuel Lens Liñares, con procurador Sr. Paz Montero, debo condenar e condeno os demandados a facer efectiva a entrega á demandante dos legados dispostos ao seu favor no testamento outorgado polo seu pai, Agustín Lens Barreiro, e condeno así mesmo aos demandados a outorgar, xunto coa demandante, a correspondente escritura pública de entrega dos ditos legados, que se concretan nos seguintes bens e dereitos:

1.º Parcela D de labradío, secaño e inculto no sitio de Agro da Eira, de vinte e seis áreas, corenta centiáreas.

2.º Parcela D do terreo número douscentos dez do plano de concentración. Labradío e prado no sitio de Revolta e tamén Agro do Vilar, de sesenta áreas.

3.º Parcela A do terreo no sitio de Pegra Longa, a labradío, de vinte áreas, oitenta centiáreas.

4.º Monte Chousa sobre das Entradas do Porto, de trinta e oito áreas, cincuenta centiáreas.

5.º Monte Fonte da Tella, de trinta e nove áreas, oitenta e catro centiáreas.

6.º Monte Portela do Corgo, de tres áreas, vinte e seis centiáreas.

7.º Monte Quenllo da Portela, de doce áreas, cincuenta e seis centiáreas.

8.º No lugar de Vilalba: Monte Riba dos Pasos, de dez áreas, setenta e unha centiáreas.

A metade indivisa, xunto aos seus irmáns Dolores e Jesús, da traída de augas da casa procedente do manancial chamado Carballa Moza.

Sen expresa imposición de custas respecto dos codemandados José, María Dolores e Manuel Lens Liñares e condeno o codemandado Jesús Lens Liñares ao pagamento das custas procesuais causadas.

Que estimando parcialmente como estimo a demanda reconvencional interposta por José Lens Liñares e María Dolores Lens Liñares, fronte a María del Carmen Lens Liñares, Jesús Lens Liñares e Manuel Lens Liñares, debo condenar e condeno os demandados a facer efectiva a entrega á demandante dos legados dispostos ao seu favor no testamento outorgado polo seu pai, Agustín Lens Barreiro, e condeno, así mesmo, aos demandados a outorgar, xunto coa demandante, a correspondente escritura pública de entrega dos ditos legados que se concretan nos seguintes bens e dereitos:

A favor de José Lens Liñares:

Toda a participación e dereito que ao testador lle corresponda na casa en que vive o testador e a súa esposa, con todos os seus anexos de cortes, palleiros, casetas da Caballería e caseta da Fragua, eira, horta e hórreo, formando todo iso un só circundamento de vinte e unha áreas, doce centiáreas, sempre que o legatario aboe por unha soa vez a cada un dos seus outros irmáns (Jesús, María del Carmen, María Dolores e Manuel Lens Liñares) a cantidade de cen mil pesetas a cada un.

Léganse tamén os seguintes terreos:

1.º A parcela A do terreo Agro da Eira, a labradío, de corenta e unha áreas, setenta centiáreas.

2.º Parcela B do terreo número douscentos dez do plano de concentración. Secaño no sitio de Revolta e tamén Agro do Vilar, de trinta e unha áreas, unha centiárea.

3.º Parcela C do terreo número trescentos vinte e seis do plano de concentración. Prado no sitio de Braña Fonda, de vinte áreas, oitenta e nove centiáreas.

4.º Monte Penedo de corenta áreas, cincuenta e nove centiáreas.

5.º Monte Fondo sobre das Entradas do Porto, de sesenta e oito áreas, noventa centiáreas.

6.º Monte Pedra Regandixa, de corenta e catro áreas, setenta e dúas centiáreas.

7.º Monte Pedra D’Agua, de vinte e catro áreas, noventa e nove centiáreas.

8.º Monte Cotón da Milleira, de sete áreas, trinta e tres centiáreas.

9.º Monte Portela do Corgo de Abaixo, de sete áreas, dezanove centiáreas.

10.º Monte Sobre do Agro de Blanco, de trece áreas, noventa e tres centiáreas.

A metade indivisa da traída de augas da casa procedente do manancial chamado Carballa Moza, coa obriga de deixar o paso libre e permitir instalación de canalización para a outra metade indivisa a favor dos seus tres irmáns Dolores, Jesús e Carmen.

A favor de María Dolores Lens Liñares:

1.º Parcela B do terreo Agro da Eira, de dezaseis áreas, dez centiáreas.

2.º Parcela B do terreo número trescentos vinte e seis do plano de concentración. Prado no sitio de Braña Fonda, de vinte áreas, oitenta e nove centiáreas.

3.º Parcela A do terreo número douscentos dez do plano de concentración. Secaño no sitio de Revolta e tamén Agro do Vilar, de corenta e nove áreas, trinta centiáreas.

4.º Monte Carballa Blanco, de vinte e nove áreas, vinte e dúas centiáreas.

5.º Monte Sobre das Lombas ou Riba das Lombas, de trinta e unha áreas, noventa centiáreas.

6.º Monte Alto do Pedrido, de trinta e catro áreas, dezasete centiáreas.

7.º Monte Alto da Pedra D’Agua ou Picotiños, de vinte e tres áreas, trinta e nove centiáreas.

8.º Monte Sucadas, de catro áreas, noventa e cinco centiáreas.

Sen expresa imposición de custas.

Únase a presente ao libro de rexistro de sentenzas e autos definitivos civís deste xulgado, e expídase testemuño que se unirá aos autos a que se contrae.

Así, por esta a miña sentenza, o pronuncio, mando e asino».

Modo de impugnación: mediante recurso de apelación ante a Audiencia Provincial da Coruña.

O recurso prepararase por medio de escrito presentado neste xulgado no prazo de cinco días hábiles contados desde o día seguinte da notificación, limitado a citar a resolución apelada, manifestando a vontade de recorrer, con expresión dos pronunciamentos que se impugnan.

Auto aclaración de sentenza.

Parte dispositiva. Modifícase a Sentenza do 30 de xullo de 2010 na decisión nos seguintes termos:

Onde di: José Lens Liñares, en rebeldía, debe dicir: Jesús Lens Liñares, en rebeldía.

Onde di: 3.º Parcela A do terreo no sitio de Pegra Longa, debe dicir: 3.º Parcela A do terreo no sitio de Pedra Longa.

Onde di: 6.º Monte Pedra Regandixa, de corenta e catro áreas, setenta e dúas centiáreas, debe dicir: 6.º Monte Pedra Regandixa, de corenta e catro áreas, sesenta e dúas centiáreas.

Contra esta resolución non cabe interpor ningún recurso.

Así o acorda, manda e asina Margarita Isabel Poveda Bernal, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Santiago de Compostela. Dou fe.

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Jesús Lens Liñares, expídese a presente para que sirva de cédula de notificación da sentenza e auto de aclaración.

Santiago de Compostela, 2 de febreiro de 2012.

María Novo López
Secretaria xudicial