Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Martes, 3 de abril de 2012 Páx. 11878

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 2 da Coruña

EDICTO (1904/2009).

Carlota Fernández Ambrós, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 2 da Coruña, dou fe e testemuño que nos autos de xuízo ordinario tramitados por este xulgado baixo o número 1904/2009, recaeu sentenza cuxa parte dispositiva e resolución dispoñen o seguinte:

«Na Coruña o 19 de decembro de 2011. Vistos por M.ª Estefanía Cambón Rodríguez, maxistrada-xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 2 da Coruña, os autos de xuízo ordinario número 1904/2009, seguidos en virtude de demanda presentada pola procuradora dos tribunais Sra. Rodríguez Arroyo, en nome e representación de Banco de Santander, S.A., baixo a dirección letrada de Jorge Castro Díaz, fronte a Claudemar Teles da Rosa, en situación procesual de rebeldía, sobre reclamación de cantidade.

Decido que debo estimar e estimo a demanda interposta pola procuradora dos tribunais Sra. Rodríguez Arroyo, en nome e representación de Banco de Santander, S.A., fronte a Claudemar Teles da Rosa, en situación procesual de rebeldía, e debo condenar e condeno o demandado a aboar á demandante a cantidade de 15.175,21 euros de principal, máis os xuros legais desde a interpelación xudicial. Todo iso con imposición ao demandado das custas causadas.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela poden interpoñer recurso de apelación ante este tribunal dentro do prazo de vinte días contados desde o día seguinte ao da súa notificación, debendo expoñer as alegacións en que se basee a impugnación, ademais de citar a resolución apelada e os pronunciamentos que impugna (art. 458.1 e 2 LAC, en redacción dada pola Lei 37/2011, do 10 de outubro, de medidas de axilización procesual). Así mesmo, deberá acreditar ter consignado o depósito de 50 euros na oportuna entidade de crédito e na conta de depósitos e consignacións aberta a nome do xulgado, conforme establece a disposición adicional décimo quinta da Lei orgánica 1/2009, do 3 de novembro, pola que se modifica a Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial».

E para que conste e a súa notificación na forma prevista no artigo 497 da Lei 1/2000, de axuizamento civil, ao demandado Claudemar Teles da Rosa, cuxo actual paradoiro resulta ser descoñecido, expido e asino este edicto.

A Coruña, 13 de xaneiro de 2012.

A secretaria xudicial