Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Martes, 3 de abril de 2012 Páx. 11876

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 2 da Coruña

EDICTO (293/2010).

No procedemento de referencia ditouse a resolución que contén os seguintes particulares:

«Sentenza.

A Coruña, 29 de novembro de 2011.

Vistos por M.ª Estefanía Cambón Rodríguez, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 2 da Coruña, os autos de xuízo ordinario número 293/2010, seguidos en virtude de demanda presentada pola procuradora dos tribunais Sra. Rodríguez Arroyo, en nome e representación de Banco Santander, S.A., baixo a dirección letrada de Jorge Castro Díaz, contra Fredy Geovani Blanco Ariza, en situación procesual de rebeldía, sobre reclamación de cantidade.

Decido que debo estimar e estimo a demanda interposta pola procuradora dos tribunais Sra. Rodríguez Arroyo, en nome e representación de Banco Santander, S.A., contra Fredy Geovani Blanco Ariza, en situación procesual de rebeldía, e debo condenar e condeno o demandado a aboar á demandante, a cantidade de 3.371,21 euros de principal, máis os xuros legais desde a interpelación xudicial.

Todo iso con imposición ao demandado das custas causadas.

Notifíquese esta resolución ás partes, facéndolles saber que contra esta poden interpoñer recurso de apelación ante este tribunal no prazo de vinte días contados desde o día seguinte ao da súa notificación, debendo expoñer as alegacións en que se basee a impugnación, ademais de citar a resolución apelada e os pronunciamentos que impugna (artigo 458.1 e 2 LAC, en redacción dada pola Lei 37/2011, do 10 de outubro, de medidas de axilización procesual). Así mesmo, deberá acreditar ter consignado o depósito de 50 euros na oportuna entidade de crédito e na conta de depósitos e consignacións aberta a nome do xulgado, conforme establece a disposición adicional décimo quinta da Lei orgánica 1/2009, do 3 de novembro, pola que se modifica a Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial.

Así o acordo, mando e asino, M.ª Estefanía Cambón Rodríguez, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 2 da Coruña».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Fredy Geovani Blanco Ariza, expídese esta para que sirva de cédula de notificación de conformidade co disposto no artigo 497 da LAC.

A Coruña, 1 de decembro de 2011.