Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Martes, 3 de abril de 2012 Páx. 11874

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (1391/2008).

Nas actuacións RSU 1391/2008 a que se refire o encabezamento, seguidas ante a Sala do Social deste Tribunal Superior de Xustiza, dimanantes dos autos número 741/2007, do Xulgado do Social número 5 de Vigo, promovidos polo Instituto Nacional da Seguridade Social contra Mutua Asepeyo, Servizo Galego de Saúde, Ángel González González, Renova Servicios Empresariales, S.L., sobre accidente, con data do 27 de xaneiro de 2012 se ditou a seguinte resolución, cuxa parate dispositiva é do seguinte teor literal:

«Que, desestimando o recurso de suplicación formulado polo Instituto Nacional da Seguridade Social contra a Sentenza do 16 de xaneiro de 2008, ditada polo Xulgado do Social número 5 de Vigo, no procedemento 741/2007 sobre accidente de traballo, debemos confirmar e confirmamos integramente a sentenza contra a cal se recorreu.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e fágaselles saber que, contra ela só cabe recurso de casación para a unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta Sala do Social, dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei reguladora da xurisdición social.

Se a recorrente non está exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, n.º 1552 0000 80 (n.º recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala n.º 1552 0000 35 (n.º recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, e lévese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do Social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

Advírtese a parte en ignorado paradoiro que, no sucesivo, se lle efectuarán as notificacións nos xulgados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co previsto no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que conste, para a súa publicación no Boletín Oficial da provincia, co fin de que sirva de notificación en forma a Renova Servicios Empresariales, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 14 de marzo de 2012.

A secretaria xudicial
Rubricado