Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Martes, 3 de abril de 2012 Páx. 11872

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (5545/2011-RF).

Francisco Javier Gamero López-Peláez, secretario xudicial da Sección Primeira da Sala Segunda do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento de recurso de suplicación número 5545/2011-RF desta sección, seguido por instancia de Paula García Outón contra a empresa Explotación Estación de Servicio, S.A., Fogasa e Frimcens, S.L., sobre despedimento disciplinario, se ditou a seguinte resolución:

«Resolvemos que, desestimando o recurso de suplicación formulado pola entidade mercantil Explotación Estación de Servicio, Sociedad Anónima contra a sentenza do 6 de xullo de 2011, ditada polo Xulgado do Social número 2 de Pontevedra, ditada no xuízo seguido por instancia de Paula García Outón contra a recorrente, a entidade mercantil Frimcens, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, a sala confírmaa integramente e, en legal consecuencia, condenamos a recorrente á perda de depósitos, consignacións e aseguramentos, e ás custas da suplicación, cuantificando en 300 euros os honorarios do letrado da traballadora impugnante contra a cal se recorreu.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e fágaselles saber que, contra ela, só cabe recurso de casación para a unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta Sala do Social, dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei de xurisdición social. Se a recorrente non está exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na conta corrente desta sala no banco Banesto, n.º 1552 0000 80 (n.º recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na conta desta sala n.º 1552 0000 37 (n.º recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, e lévese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

Advírtese a parte en ignorado paradoiro que, no sucesivo, se lle efectuarán as notificacións no xulgado, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co previsto no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que conste, para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma a Frimcens, S.L, con último domicilio coñecido en Vía Rápida Galega, 4, Vilariño (36633 Cambados), expido e asino este edicto.

A Coruña, 12 de marzo de 2012.

O secretario xudicial