Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Martes, 3 de abril de 2012 Páx. 11891

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (425/2011).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 425/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Antonio Gundín González, Carlos Viqueira Grandal, Juan Antonio Torres Hermida contra a empresa Proxectos Tecnolóxicos do Noroeste, S.L., Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento, foi ditada a seguinte resolución:

«Na Coruña oito de marzo de dous mil doce.

Carlos Villarino Moure, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 3 da Coruña, tendo visto o presente procedemento ordinario 425/2011 por instancia de Antonio Gundín González, Carlos Viqueira Grandal e Juan Antonio Torres Hermida, asistidos polo letrado Pedro Naveira Couceiro, contra Proxectos Tecnolóxicos do Noroeste, S.L. e Fondo de Garantía Salarial, que non comparecen a pesar de estaren citados en legal forma.

Que, estimando a demanda formulada por Antonio Gundín González, Carlos Viqueira Grandal e Juan Antonio Torres Hermida contra a empresa Proxectos Tecnolóxicos do Noroeste, S.L. condénoa a aboarlle as cantidades de a Antonio Gundín González 3.399,65 euros, a Carlos Viqueira Grandal 2.743,10 euros e a Juan Antonio Torres Hermida 1.276,36 euros, que lle debe en concepto de indemnización. E absolvo da demanda o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa).

Notifíquese esta sentenza ás partes e advírtaselles que contra ela poderán interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia ou mediante escrito neste xulgado dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación. Advírtase igualmente ao recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente-causa seu, ou que non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta no Banesto (0030.1846) a nome deste xulgado co n.º 1533.0000.36.0425.09, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso, así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado, co n.º 1533.0000.60.0425.11 a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola devandita cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de anuncialo.

Así o pronuncio, mando e asino por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo maxistrado que a ditou, tendo lugar audiencia pública no día da data, do cal dou fe».

E para que sirva de notificación a Proxectos Tecnolóxicos do Noroeste, S.L., expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e publicación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 14 de marzo de 2012.

O secretario xudicial