Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Martes, 3 de abril de 2012 Páx. 11893

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (50/2011).

Rafael González Alió, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fai saber que no procedemento 50/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Bruno López Expósito contra a empresa Lexx Revestimientos y Aislamientos, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre reclamación de cantidade, se ditou a seguinte resolución:

Que, estimando a demanda interposta por Bruno López Expósito contra a empresa Lexx Revestimientos y Aislamientos, S.L., debo condenar e condeno a empresa demandada a lle aboar ao demandante a cantidade de 4.464,10 euros, á cal lle será de aplicación unha recarga por mora do 10% anual. Todo isto sen prexuízo da responsabilidade que ao Fondo de Garantía Salarial lle corresponda asumir dentro dos límites legais.

E para que lle sirva de notificación a Lexx Revestimientos y Aislamientos, S.L., en ignorado paradoiro, expido e asino este edicto.

Lugo, 30 de decembro de 2011.

O secretario xudicial
Rubricado