Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Martes, 3 de abril de 2012 Páx. 11894

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (1218/2009).

Elena María Varela Luaces, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento 1218/2009 deste xulgado do social, seguido por instancia de Leticia López Muíño, contra a empresa Gesdocin, S.L., sobre cantidade, se ditou a seguinte sentenza, con data do 8 de marzo de 2012, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Que estimo integramente a demanda interposta por Leticia López Muíño contra Gesdocin, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) e, en consecuencia, declaro que a xornada de traballo da demandante é de 36 horas semanais, con dereito a unha retribución mensual de 725,37 euros, e condeno a empresa Gesdocin, S.L. a lle aboar á demandante a cantidade de 2.055, 88 euros, en concepto de salarios de xuño, xullo e agosto de 2008 e diferenzas salariais do mes de maio de 2008, mais o 10% das cantidades salariais por demora no seu pagamento.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela poden interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de cinco días.

Así o acordo, mando e asino».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Gesdocin, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes notificacións se farán nas dependencias deste xulgado, agás as que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 14 de marzo de 2012.

A secretaria xudicial
Rubricado