Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Luns, 26 de marzo de 2012 Páx. 10485

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 5221-2011).

M. Asunción Barrio Calle, secretaria xudicial da Sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 5221/2011 JS desta sección, seguido por instancia de Virginia López Pensado, Susana López Domínguez contra a empresa Fogasa, Fleming Moda, S.L. (antes Aurelio Santas, S.L.), Trinidad Vidueira, S.L., VDR Confección, S.L., VDR Punto, S.L., Trinidad Vidueira Design, S.L., Damián Lucio Juan, Vidrio Orense, S.L., Vidrio Galicia, S.L., Constantino Rodríguez González sobre despedimento disciplinario, se ditou a seguinte resolución:

«Decidimos que desestimando o recurso de suplicación interposto pola representación legal das traballadoras Virginia López Pensado e Susana López Domínguez, contra a sentenza ditada con data 5 de setembro de 2011, polo Xulgado do Social número 3 da Coruña, nos autos 1146/2010, sobre extinción de contrato por causas económicas, fronte ás empresas demandadas Vidrio Orense, S.L., administración concursal, Trinidad Vidueira, S.L., Trinidad Vidueira Design, S.L., Fleming Moda, S.L., VDR Confección, S.L., VDR Punto, S.L., e Vidrio Galicia, S.L., confirmamos a resolución impugnada.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e fágaselles saber que, contra ela, só cabe recurso de casación para unificación de doutrina que se preparará por escrito perante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 218 e seguintes da Lei de xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no Banco Banesto, n.º 1552 0000 80 (n.º recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala n.º 1552 0000 37 (n.º recurso) (dúas últimas cifras do ano)».

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que conste, para efectos da súa publicación no DOG, co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Trinidad Vidueira, S.L., cuxo domicilio na actualidade se ignora, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 24 de febreiro de 2012.

A secretaria xudicial