Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Luns, 26 de marzo de 2012 Páx. 10487

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Vigo

EDICTO (259/2011).

Ángel Santos Gómez, secretario xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Vigo, fai saber que nos autos de referencia se ditou a seguinte resolución:

«Sentenza.

Vigo, 16 de febreiro de 2012.

Vistos por min, Manuel Ángel Pereira Costas, maxistrado do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 4 de Vigo, os presentes autos de xuízo verbal que co número 259/2011 se seguen por instancia de Banco Popular Español, S.A., que actuou no proceso representada polo procurador José Vicente Gil Tránchez e asistida do letrado Francisco Javier Currás Díaz, contra José David García Chiquito, declarado en situación de rebeldía procesual, os cales teñen por obxecto unha pretensión de cumprimento contractual...

Decido que estimo totalmente a demanda interposta por Banco Popular Español, S.A. contra José David García Chiquito, e fago, en consecuencia, os seguintes pronunciamentos:

1. Condeno a José David García Chiquito a pagarlle a Banco Popular Español, S.A. a cantidade de 795,43 euros, a cal reportará, desde a data da presentación da demanda (22 de marzo de 2011), unha indemnización pola demora equivalente ao xuro legal dos cartos, que será do xuro legal, incrementado en dous puntos, desde a data da presente sentenza.

2. Condeno a José David García Chiquito a pagar as custas do presente proceso.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes, ás cales se lles fará saber que non é firme e que contra ela poderán interpoñer recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial de Pontevedra no prazo de vinte días.

Expídese o presente edicto co fin de que sirva de notificación en legal forma ao demandado José David García Chiquito.

Vigo, 21 de febreiro de 2012.

O secretario xudicial