Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Luns, 26 de marzo de 2012 Páx. 10488

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 10 de Vigo

EDICTO (1226/2009).

No procedemento de referencia ditouse a resolución do teor literal seguinte:

«Sentenza.

Xuíza que a dita: Ana Araceli Muñoz Martín.

Lugar: Vigo.

Data: 14 de febreiro de 2012.

Parte demandante: Doctor Cadaval, S.L.

Avogado:

Procuradora: María Paz Barreras Vázquez.

Parte demandada: Ana María Ríos, S.L.

Avogado:

Procurador:

Procedemento: ordinario número 1226/09 MC.

Obxecto do xuízo: reclamación de cantidade.

Decido que, estimando integramente a demanda interposta pola mercantil Doctor Cadaval, S.L., fronte á mercantil Ana María Ríos, S.L., debo condenar e condeno esta a aboarlle á parte demandante a cantidade de 12.223,53 euros máis os xuros legais, así como ao pagamento das custas.

Modo de impugnación: mediante recurso de apelación ante a Audiencia Provincial de Pontevedra (artigo 455 LACn).

O recurso prepararase por medio de escrito presentado neste xulgado no prazo de vinte días hábiles contados desde o día seguinte da notificación, limitado a citar a resolución apelada, manifestando a vontade de interpor recurso, con expresión dos pronunciamentos que impugna (artigo 457.2 LAC).

Así, por esta sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E como consecuencia do ignorado paradoiro da mercantil Ana María Ríos, S.L., expídese esta para que sirva de cédula de notificación.

Vigo, 14 de febreiro de 2012.

O secretario