Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Luns, 26 de marzo de 2012 Páx. 10490

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (1434/2009).

Marta Yanguas del Valle, secretaria de reforzo do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que nos autos rexistrados co número 1434/2009 se ditou a resolución cuxo encabezamento e decisión é o seguinte:

«Sentenza

A Coruña, 29 de febreiro de 2012.

Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 (reforzo) da Coruña, ditou a presente resolución nos autos de procedemento sobre reclamación de cantidade 1434/2009, sendo demandante José Luis Fernández Fernández, asistido polo letrado Sr. Ulla Rocha, e demandada a empresa Manuel García Otero, despois de ser citado, da mesma maneira, o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa).

Dispoño que debo estimar e admito a demanda interposta por parte de José Luis Fernández Fernández contra a empresa Manuel García Otero e, en consecuencia, condeno esta última a aboarlle a José Luis Fernández Fernández a cantidade de 2.534,26 euros que debe.

Non procede a condena do Fondo de Garantía Salarial nesta instancia, sen prexuízo da responsabilidade que se lle poida imputar con posterioridade.

Notifíqueselles a presente sentenza ás partes.

Contra esta resolución non cabe interpor ningún recurso.

Así o pronuncio, mando e asino.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada pola maxistrada xuíza que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe».

E para que sirva de notificación a Manuel García Otero, expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, cinco de marzo de 2012.

A secretaria xudicial