Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Luns, 26 de marzo de 2012 Páx. 10491

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (1383/2009).

Marta Yanguas del Valle, secretaria de reforzo do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que nos autos rexistrados co número 1383/2009, se ditou a resolución cuxo encabezamento e decisión é o seguinte:

«Sentenza.

A Coruña, 29 de febreiro de 2012.

Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 da Coruña, en funcións de reforzo, ditou a presente resolución nos autos de procedemento sobre reclamación de cantidade 1383/2009, sendo demandantes Miguel Cuesta López e Carlos Vega Novo, asistidos polo letrado Sr. Naveira Couceiro, e demandada a empresa Reformas e Instalaciones Galicia, S.L., despois de ser citado, da mesma maneira, o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa).

Dispoño que debo estimar e estimo a demanda interposta por parte de Miguel Cuesta López e de Carlos Vega Novo contra Reformas e Instalaciones Galicia, S.L. e, en consecuencia, condeno esta última a aboarlle a Miguel Cuesta López a cantidade de 7.123,41 euros e a Carlos Vega Novo a suma de 8.810,82 euros que debe.

Non procede a condena do Fondo de Garantía Salarial nesta instancia, sen prexuízo da responsabilidade que se lle poida imputar con posterioridade.

Notifíqueselles a presente sentenza ás partes.

Contra esta resolución cabe interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá ser anunciado no prazo dos 5 días seguintes á notificación desta sentenza.

Así o pronuncio, mando e asino».

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada pola maxistrada xuíza que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe.

E para que sirva de notificación a Reformas e Instalaciones Galicia, S.L., expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 5 de marzo de 2012.

A secretaria xudicial