Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Luns, 26 de marzo de 2012 Páx. 10483

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Vigo

CORRECCIÓN de erros. Resolución do 27 de febreiro de 2012, da Universidade de Vigo, pola que se convocan probas selectivas para a provisión dunha praza da categoría de técnico especialista de análise instrumental.

Detectados erros na Resolución desta Universidade do 27 de febreiro de 2012, publicada no DOG n.º 48, do 8 de marzo, pola que se convocan probas selectivas para a provisión dunha praza da categoría de técnico especialista de análise instrumental e consonte o previsto no artigo 105.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Esta reitoría

RESOLVEU:

Primeiro. No anexo I: exercicios e valoración no punto B) Fase de concurso.

Onde di: «1. Antigüidade: ata un máximo de 10 puntos, a razón de 0,147 puntos por mes completo traballado...».

Debe dicir: «1. Experiencia: ata un máximo de 10 puntos, a razón de 0,167 puntos por mes completo traballado...».

Segundo. Publicar a parte omitida do temario das probas selectivas, precisando que os bloques 1 ao 6 xa publicados integran a I.ª parte.

II.ª parte.

1. A Constitución española de 1978: estrutura e contido. Dereitos e deberes fundamentais.

2. O Estatuto básico do empregado público: obxecto e ámbito de aplicación. Clases de persoal e persoal laboral. Dereitos e deberes.

3. O II Convenio colectivo do persoal laboral de administración e servizos da Universidade de Vigo: organización do traballo e clasificación. Provisión de postos. Xornada de traballo e retribucións. Réxime disciplinario: faltas e sancións.

4. A Lei orgánica de universidades. Título preliminar. Funcións. Título X: o persoal de administración e servizos.

5. Os Estatutos da Universidade de Vigo: estrutura da Universidade. Órganos: disposicións xerais e tipos. A comunidade universitaria: disposicións xerais, persoal docente e investigador, estudantes e persoal de administración e servizos.

6. A Lei de prevención de riscos laborais: dereitos e obrigas.

Terceiro. Non se modifica o prazo de presentación de solicitudes por non afectar elementos substanciais da convocatoria.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados dende o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, poderase interpor recurso de reposición ante o reitor, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, de acordo co disposto na Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, modificadora da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.