Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Luns, 26 de marzo de 2012 Páx. 10523

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 12 de marzo de 2012 pola que se autorizan as instalacións electromecánicas, se aproba o proxecto de execución, se recoñece a condición de instalación acollida ao réxime especial de produción de enerxía eléctrica e se declara a utilidade pública, en concreto, e a compatibilidade con diversos dereitos mineiros do Parque Eólico Cordal de Montouto, promovido por Eólica Galaicoasturiana, S.A. nos concellos de Aranga e Guitiriz (expediente 01/05-DXIEM-EOL).

Antecedentes de feito.

Primeiro. Por Resolución do 20 de novembro de 2002 (DOG n.º 252, do 31 de decembro), a Consellería de Industria e Comercio aproba o Plan Eólico Estratéxico presentado pola empresa Totalfina Eólica, S.A., denominado Plan Eólico Estratéxico Totalfina Eólica.

Segundo. O 5 de xuño de 2003 elévase a escritura pública o cambio de denominación de Totalfina Eólica, S.A. pola de Total Eólica, S.A.

Terceiro. Mediante Resolución do 6 de maio de 2004 (DOG n.º 100, do 26 de maio) da Consellería de Innovación, Industria e Comercio publícase a relación de solicitudes de autorización para a instalación de parques eólicos admitidas a trámite ao abeiro da Orde do 22 de xaneiro de 2004 (DOG n.º 18, do 28 de xaneiro), entre as cales se atopa a do Parque Eólico Montouto, cunha potencia de 14 MW.

Cuarto. O 25 de xuño de 2004, Gilles Cochevelou, en nome e representación da sociedade Total Eólica, S.A., solicita autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución, aprobación do proxecto sectorial, declaración de utilidade pública, en concreto, e recoñecemento da instalación acollida ao réxime especial de produción de enerxía eléctrica do Parque Eólico Montouto, de acordo co establecido no artigo 18 do Decreto 302/2001, do 25 de outubro, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia.

Quinto. Con data do 31 de agosto de 2004, a sociedade promotora solicita, a fin de evitar confusións con outros proxectos existentes, o cambio de nome do proxecto, pasando a denominarse Parque Eólico Cordal de Montouto.

Sexto. Mediante Resolución do 17 de xaneiro de 2006, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, sométese a información pública a autorización administrativa, a aprobación do proxecto de execución, a declaración de utilidade pública, o estudo ambiental e o proxecto sectorial das instalacións que comprende o proxecto do Parque Eólico Cordal de Montouto, promovido pola empresa Total Eólica, S.A., situado nos concellos de Aranga (A Coruña) e Guitiriz (Lugo); a devandita resolución publicouse no Diario Oficial de Galicia do 10 de febreiro, nos boletíns oficiais das provincias da Coruña, o 14 de febreiro, e de Lugo, o 11 de febreiro, así como nos xornais El Progreso e La Voz de Galicia do 8 de febreiro, permanecendo exposta ademais nos taboleiros de anuncios dos concellos de Aranga e Guitiriz.

• As características básicas do proxecto son as seguintes:

– Peticionario: Total Eólica, S.A.

– Domicilio: avda. Fernando Casas Novoa, 37 - edificio CNL (portal B), 3.º A, 15705 Santiago de Compostela.

– Situación: concellos de Aranga (A Coruña) e Guitiriz (Lugo).

– Situación (coordenadas poligonais en unidades UTM):

Vértices

X

Y

V1

580.250

4.789.000

V2

583.000

4.789.000

V3

583.000

4.790.000

V4

589.000

4.790.000

V5

589.143

4.788.000

V6

587.000

4.783.000

V7

581.000

4.783.000

• Características técnicas do parque eólico:

– N.º de aeroxeradores: 9.

– Potencia nominal unitaria: 1.500 kW.

– Potencia total instalada: 13,50 MW.

– Tipo de aeroxerador: NEG MICON 72/C.

– Produción neta anual estimada: 33,75 GWh.

• Características técnicas da infraestrutura eléctrica de transformación e interconexión:

– 9 centros de transformación de 1.800 kVA de potencia unitaria e relación de transformación 0,69/20 kV, situado no interior do aeroxerador, coa correspondente aparellaxe de seccionamento, manobra e protección.

– Liñas soterradas de evacuación de enerxía eléctrica de alta tensión a 20 kV, que conectan os centros de transformación coa subestación transformadora do parque eólico 20/66 kV.

– Subestación transformadora 20/66 kV para evacuación de enerxía producida no parque eólico, composta por un transformador de potencia 20/66 kV de 17 MVA ONAN/ONAF de potencia nominal, e un transformador de servizos auxiliares 20/0,4 kV de 100 kVA ONAN, cos correspondentes equipamentos de control, seccionamento, manobra, medida e protección.

• Orzamento total: 11.746.755,30 €.

• Durante o período de información pública presentáronse as seguintes alegacións:

– Con data 20 de febreiro de 2006, a sociedade Proinga Servicios de Ingeniería, S.L., en representación dos propietarios do monte Costa de Vilares, manifesta, en relación coas notificacións individuais recibidas polos seus representados, que o monte Costa de Vilares non é unha comunidade veciñal senón que no dito monte existe unha partición que data do 29 de xaneiro de 1916 adxudicando a cada propietario a súa correspondente participación; no mesmo escrito, a dita sociedade, inclúe unha relación dos titulares do monte Costa de Vilares así como dos seus herdeiros e solicita a toma en consideración dos datos presentados.

– O 20 de febreiro de 2006, o Concello de Aranga presenta escrito en que manifesta a súa desconformidade coa autorización do proxecto do Parque Eólico Cordal de Montouto, posto que no concello existen xa dous parques eólicos empresariais, e se considera que non debe autorizarse a instalación dun novo mentres non se obteña a oportuna aprobación do parque eólico singular solicitado polo Concello en 2004.

– O 14 de marzo de 2006, a sociedade Retevisión I, S.A. presenta alegación en que, en síntese, manifesta o seguinte:

- Recentemente tense detectado, a través de queixas presentadas polos cidadáns, a afección dos parques eólicos á calidade da recepción do sinal de televisión.

- Co fin de identificar as posibles afeccións do Parque Eólico Cordal de Montouto á recepción do dito sinal na zona afectada, a sociedade Retevisión I, S.A. elaborou un informe xenérico, do cal xunta copia.

- Á vista do exposto no dito informe, o alegante considera necesario suspender a tramitación do procedemento de instalación do parque eólico, co obxecto de que, con anterioridade á autorización da instalación, se solicite á empresa promotora un estudo específico e detallado en que se identifique o posible impacto nos servizos de televisión da zona e se fixen as medidas preventivas e correctoras que eviten a produción de interferencias unha vez instalado o parque eólico.

- Finalmente solicita que se estimen as consideracións expostas e se suspenda a instalación do parque eólico mentres non se realice o estudo anteriormente mencionado.

– O 16 de marzo de 2006, a sociedade Ingemarga, S.A. expón que ten solicitado as concesións de explotación Cangas 4 e Cangas 5, derivadas do permiso de investigación Cangas n.º 5.779, e que estas corresponden a minerais declarados de carácter prioritario pola Lei estatal de fomento da minaría do 4 de xaneiro de 1977 e os seus regulamentos de desenvolvemento, indicando que se deberá tratar de conciliar a explotación do parque eólico coas concesións indicadas e que, de non ser posible, deberá terse en conta o disposto no artigo 33 da Constitución e proceder da forma establecida polas leis que desenvolven o dito precepto constitucional.

Finalmente, solicita que se lle teña como parte interesada no expediente.

Sétimo. O 3 de abril de 2008, Total Eólica, S.A. presenta nova documentación técnica en que se recollen as modificacións introducidas no proxecto co fin de optimizar o aproveitamento do recurso eólico na localización do parque.

• A nova documentación presentada está composta por:

– Proxecto oficial Parque Eólico Cordal de Montouto, modificación n.º 1.

– Anexo ao estudo de impacto ambiental.

– Proxecto sectorial de incidencia supramunicipal.

Coas modificacións introducidas, as características básicas do proxecto resultantes son as seguintes:

• Características técnicas do parque eólico:

– N.º de aeroxeradores: 7.

– Potencia nominal unitaria: 2.000 kW.

– Potencia total instalada: 14 MW.

– Tipo de aeroxerador: Vestas V80.

– Produción neta anual estimada: 35 GWh.

• Características técnicas da infraestrutura eléctrica de transformación e interconexión:

– 7 centros de transformación de 2.100 kVA de potencia unitaria e relación de transformación 0,69/20 kV, situado no interior do aeroxerador, coa correspondente aparellaxe de seccionamento, manobra e protección.

– Liñas soterradas de evacuación de enerxía eléctrica de alta tensión a 20 kV, que conectan os centros de transformación coa subestación transformadora do parque eólico 20/66 kV.

– Subestación transformadora 20/66 kV para evacuación de enerxía producida no parque eólico, composta por un transformador de potencia 20/66 kV de 28 MVA ONAN/ONAF de potencia nominal, e un transformador de servizos auxiliares 20/0,4 kV de 100 kVA ONAN, cos correspondentes equipamentos de control, seccionamento, manobra, medida e protección.

• Orzamento total: 14.069.006,91 €.

Oitavo. O 28 de maio de 2008, a Dirección Xeral do Patrimonio Cultural informa que se deberá buscar unha posición alternativa aos aeroxeradores A-1, A-6 e A-7 e ás súas infraestruturas asociadas, fóra das zonas de protección de dous xacementos arqueolóxicos existentes na zona.

Noveno. O 20 de xuño de 2008, o socio único da sociedade Total Eólica, S.A., decide cambiar a denominación social pola de Eólica Galaicoasturiana, S.A., elevando o dito acordo a escritura pública o 25 de xuño de 2008.

Décimo. O 9 de setembro de 2008, Luis Ricoy Iriarte, en representación da sociedade Eólica Galaicoasturiana, S.A., comunica o cambio de denominación social e, co obxecto de dar resposta ás consideracións efectuadas pola Dirección Xeral do Patrimonio Cultural no seu informe do 28 de maio de 2008, presenta o anexo Memoria definitiva prospección arqueolóxica intensiva.

Décimo primeiro. O 18 de novembro de 2008, a sociedade promotora, para os efectos de reflectir na documentación técnica do proxecto os cambio propostos no anexo Memoria definitiva prospección arqueolóxica intensiva, presenta a seguinte documentación:

– Anexo ao proxecto oficial Parque Eólico Cordal de Montouto, modificación n.º 1.

– Relación de propietarios, bens e dereitos afectados e planos parcelarios.

– Anexo II ao estudo de impacto ambiental.

– Proxecto sectorial de incidencia supramunicipal.

Coas modificacións introducidas pola documentación citada, resultan as seguintes características básicas do proxecto:

• Características técnicas do parque eólico:

– N.º de aeroxeradores: 6.

– Potencia nominal unitaria: 2.000 kW (4 aeroxeradores) e 3.000 kW (2 aeroxeradores).

– Potencia total instalada: 14 MW.

– Tipo de aeroxerador: 4 Vestas V80 e 2 Vestas V90.

– Produción neta anual estimada: 33,6 GWh.

• Características técnicas da infraestrutura eléctrica de transformación e interconexión:

– 6 centros de transformación, catro deles de 2.100 kVA de potencia unitaria e relación de transformación 0,69/20 kV e os outros dous de 3.140 kVA de potencia unitaria e relación de transformación 1/20 kV, situados no interior dos aeroxeradores, coa correspondente aparellaxe de seccionamento, manobra e protección.

– Liñas soterradas de evacuación de enerxía eléctrica de alta tensión a 20 kV, que conectan os centros de transformación coa subestación transformadora do parque eólico 20/66 kV.

– Subestación transformadora 20/66 kV para evacuación de enerxía producida no parque eólico, composta por un transformador de potencia 20/66 kV de 28 MVA ONAN/ONAF de potencia nominal, e un transformador de servizos auxiliares 20/0,4 kV de 100 kVA ONAN, cos correspondentes equipamentos de control, seccionamento, manobra, medida e protección.

• Orzamento total: 15.645.014,12 €.

Décimo segundo. O 17 de abril de 2009, a Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, en vista das modificacións introducidas no proxecto, emite informe favorable sobre o estudo de impacto ambiental do Parque Eólico Cordal de Montouto.

Décimo terceiro. O 2 e o 21 de decembro de 2009, as xefaturas territoriais da Consellería de Economía e Industria de Lugo e da Coruña, respectivamente, emiten cadanseu informe sobre o proxecto técnico do parque eólico de referencia.

Décimo cuarto. O 2 de marzo de 2010, a Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental formula a declaración de impacto ambiental relativa ao proxecto do Parque Eólico Cordal de Montouto, que se fai pública por Resolución da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas do 25 de marzo de 2010 (DOG n.º 74, do 21 de abril).

Décimo quinto. O 28 de abril de 2010, a Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental informa que non é necesario someter o proxecto sectorial do Parque Eólico Cordal de Montouto ao procedemento de avaliación ambiental estratéxica de plans e programas.

Décimo sexto. O 27 de maio de 2010, a Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña informa dos dereitos mineiros, existentes nesa provincia, que afectan a poligonal do Parque Eólico Cordal de Montouto, sendo estes os seguintes:

– Concesión de explotación Yacimiento San Juan n.º 7091.1.

– Permiso de investigación María José n.º 5410.

– Permiso de investigación Cangas n.º 5779.

– Permiso de investigación Mariz n.º 5729.

Decimo sétimo. O 20 de xullo de 2010, a Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria de Lugo informa dos dereitos mineiros, existentes nesa provincia, que afectan a poligonal do Parque Eólico Cordal de Montouto, sendo estes os seguintes:

– Permiso de investigación Ares n.º 5778.

– Permiso de investigación Cangas n.º 5779.

– Concesión de explotación Cangas fracción 2.ª n.º 5779.2.

– Concesión de explotación Cangas fracción 5.ª n.º 5779.5.

– Concesión de explotación Cangas fracción 6.ª n.º 5779.6.

– Concesión directa de explotación Annalisa n.º 5199.

Décimo oitavo. O 15 de outubro de 2010, a Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas acorda abrir trámite de compatibilidade entre o proxecto do Parque Eólico Cordal de Montouto e os dereitos mineiros relacionados nos dous antecedentes de feito anteriores.

Décimo noveno. O 20 de decembro de 2010, a Dirección Xeral de Sostibilidade e Paisaxe emite, en sentido favorable, o informe previsto no artigo 13.3 do Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal, para o proxecto sectorial do Parque Eólico Cordal de Montouto.

Vixésimo. O 9 de marzo de 2011, a Subdirección Xeral de Recursos Minerais emite informe sobre o expediente de compatibilidade entre o Parque Eólico Cordal de Montouto e os dereitos mineiros das provincias de Lugo e A Coruña. No dito informe indícase, con respecto ao permiso de investigación María José n.º 5410, que a súa caducidade se declarou por Resolución do 14 de maio de 1993. Ademais, conclúese que non existen interferencias entre as actuacións previstas para o parque eólico e os labores de investigación e explotación proxectados polos titulares dos demais dereitos mineiros indicados nos antecedentes de feito décimo sexto e décimo sétimo.

Vixésimo primeiro. O 23 de xaneiro de 2012, Eólica Galaicoasturiana, S.A. actualiza a documentación acreditativa da autorización de conexión do parque eólico á rede de distribución, en cumprimento do establecido no artigo 28.3 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico.

Vixésimo segundo. O 16 de febreiro de 2012, Eólica Galaicoasturiana, S.A. solicita a modificación da poligonal do parque eólico, co fin de evitar a superposición da área de afección do proxecto coa ampliación do LIC Betanzos-Mandeo, recollida na proposta de ampliación da Rede Natura 2000; a nova área de afección queda definida pola seguintes coordenadas poligonais:

X UTM

Y UTM

589.000

4.790.000

589.143

4.788.000

587.000

4.783.000

584.088

4.783.113

583.773

4.788.373

584.356

4.789.616

584.681

4.790.000

Vixésimo terceiro. O 6 de marzo de 2012, a Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas emite proposta de resolución pola que se autorizan as instalacións electromecánicas, se aproba o proxecto de execución, se recoñece a condición de instalación acollida ao réxime especial de produción de enerxía eléctrica e se declara a utilidade pública, en concreto, e a compatibilidade con diversos dereitos mineiros do Parque Eólico Cordal de Montouto, promovido por Eólica Galaicoasturiana, S.A. nos concellos de Aranga e Guitiriz.

Fundamentos de dereito.

Primeiro. A Consellería de Economía e Industria é competente para resolver este procedemento con fundamento no artigo 1 do Decreto 324/2009, do 11 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da dita consellería, en relación co establecido no artigo 28.3 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, no artigo 4.1 do Real decreto 661/2007, do 25 de maio, polo que se regula a actividade de produción de enerxía eléctrica en réxime especial e no artigo 31.1 do Decreto 302/2001, do 25 de outubro, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia.

Segundo. No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites procedementais establecidos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, no Decreto 302/2001, do 25 de outubro, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo co establecido pola disposición transitoria cuarta da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e demais normas vixentes de aplicación.

Terceiro. Polo que respecta ás alegacións presentadas, vistas estas e as contestacións dadas pola sociedade promotora, cómpre manifestar o seguinte:

– No que se refire á alegación presentada pola empresa Proinga Servicios de Ingeniería, S.L., cómpre manifestar que se tomou razón do seu contido para os efectos de identificar os propietarios afectados polo proxecto.

– En canto á alegación da sociedade Ingemarga, S.A., cabe manifestar que durante a tramitación do presente procedemento, tal e como queda acreditado nos antecedentes de feito expostos, instruíuse o correspondente expediente de compatibilidade en cumprimento do establecido no Decreto 302/2001, do 25 de outubro, e concluíuse que non existen interferencias entre a explotación do parque eólico e a dos aproveitamentos mineiros titularidade da dita mercantil.

– Con respecto á alegación de Retevisión I, S.A., tal e como se establece no condicionado da presente resolución, no caso de se manifestaren perturbacións na recepción do sinal de televisión, directamente atribuíbles ás instalacións do parque eólico, o promotor deberá adoptar as medidas necesarias para devolverlle á recepción do sinal as anteriores condicións de calidade.

– Respecto á alegación do Concello de Aranga, en que manifesta a súa oposición ao Parque Eólico Cordal de Montouto, considerase que non existe ningunha razón obxectiva para vincular a autorización do dito parque á do parque eólico singular solicitado polo concello, posto que nada teñen que ver as tramitacións dun e doutro.

Polo exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Autorizar as instalacións electromecánicas do Parque Eólico Cordal de Montouto, situado nos concellos de Aranga (A Coruña) e Guitiriz (Lugo) e promovido pola sociedade Eólica Galaicoasturiana, S.A., cunha potencia de 14 MW.

Segundo. Aprobar o proxecto de execución do Parque Eólico Cordal de Montouto composto polos documentos: proxecto oficial Parque Eólico Cordal de Montouto, modificación n.º 1 e anexo ao proxecto oficial Parque Eólico Cordal de Montouto, modificación n.º 1, asinados pola enxeñeira industrial Consolación Alonso Alonso, e visados polo Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia (Delegación da Coruña) o 26 de marzo de 2008, co número de rexistro 881/2008, e o 16 de outubro de 2008 co número CO083870, respectivamente. As características principais definidas nos devanditos documentos son as seguintes:

– Peticionario: Eólica Galaicoasturiana, S.A.

– Domicilio: avda. Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

– Situación: concellos de Aranga (A Coruña) e Guitiriz (Lugo).

– Localización (coordenadas poligonais en unidades UTM):

Vértice

X UTM

Y UTM

1

589.000

4.790.000

2

589.143

4.788.000

3

587.000

4.783.000

4

584.088

4.783.113

5

583.773

4.788.373

6

584.356

4.789.616

7

584.681

4.790.000

– Localización dos aeroxeradores:

Aeroxerador

X UTM

Y UTM

A-1

585.198

4.787.237

A-2

585.258

4.787.065

A-3

585.601

4.786.772

A-4

585.783

4.786.672

A-5

585.396

4.785.726

A-6

585.551

4.785.624

• Características técnicas do parque eólico:

– N.º de aeroxeradores: 6.

– Potencia nominal unitaria: 2.000 kW (4 aeroxeradores) e 3.000 kW (2 aeroxeradores).

– Potencia total instalada: 14 MW.

– Tipo de aeroxerador: 4 Vestas V80 e 2 Vestas V90.

– Produción neta anual estimada: 33,6 GWh.

• Características técnicas da infraestrutura eléctrica de transformación e interconexión:

– 6 centros de transformación, catro deles de 2.100 kVA de potencia unitaria e relación de transformación 0,69/20 kV e os outros dous de 3.140 kVA de potencia unitaria e relación de transformación 1/20 kV, situados no interior dos aeroxeradores, coa correspondente aparellaxe de seccionamento, manobra e protección.

– Liñas soterradas de evacuación de enerxía eléctrica de alta tensión a 20 kV, que conectan os centros de transformación coa subestación transformadora do parque eólico 20/66 kV.

– Subestación transformadora 20/66 kV para evacuación de enerxía producida no parque eólico, composta por un transformador de potencia 20/66 kV de 28 MVA ONAN/ONAF de potencia nominal, e un transformador de servizos auxiliares 20/0,4 kV de 100 kVA ONAN, cos correspondentes equipamentos de control, seccionamento, manobra, medida e protección.

• Orzamento total: 15.645.014,12 €.

Terceiro. Recoñecerlle ao Parque Eólico Cordal de Montouto a condición de instalación acollida ao réxime especial de produción de enerxía eléctrica regulamentado polo Real decreto 661/2007, do 25 de maio, e incluíla no grupo b.2., subgrupo b.2.1., do artigo 2 do citado real decreto.

Cuarto. Declarar a utilidade pública, en concreto, das instalacións do proxecto do Parque Eólico Cordal de Montouto, segundo o previsto nos artigos 52 e 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, o que leva implícita a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación aos efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 (BOE n.º 351, do 17 de decembro).

Quinto. Declarar a compatibilidade do proxecto do Parque Eólico Cordal de Montouto cos seguintes dereitos mineiros:

– Concesión de explotación Yacimiento San Juan n.º 7091.1

– Permiso de investigación Mariz n.º 5729.

– Permiso de investigación Ares n.º 5778.

– Permiso de investigación Cangas n.º 5779.

– Concesión de explotación Cangas fracción 2.ª n.º 5779.2.

– Concesión de explotación Cangas fracción 5.ª n.º 5779.5.

– Concesión de explotación Cangas fracción 6.ª n.º 5779.6.

– Concesión directa de explotación Annalisa n.º 5199.

A presente autorización axustarase ao cumprimento das seguintes condicións:

1. Conforme o disposto no artigo 19 do Decreto 302/2001, do 25 de outubro, para os efectos de garantir o cumprimento das súas obrigas, Eólica Galaicoasturiana, S.A. deberá constituír, no prazo de 30 días contados desde o día seguinte ao da notificación da presente resolución, unha fianza de 312.900,28 euros, importe correspondente ao 2% do orzamento do proxecto de execución do parque eólico que por esta resolución se aproba.

A dita fianza constituirase na Caixa Xeral de Depósitos da Consellería de Facenda da Xunta de Galicia, en calquera das formas sinaladas no artigo 11.3 do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, sobre réxime de instalación, ampliación e traslado de industrias, e devolverase unha vez que se formalice a acta de posta en marcha das instalacións.

2. Consonte ao disposto no artigo 4 do Decreto 455/1996, do 7 de novembro, de fianzas en materia ambiental, fíxase, por proposta do órgano ambiental, a contía do aval correspondente aos labores de restauración asociados á fase de obras en 117.337 euros. Polo tanto Eólica Galaicoasturiana, S.A. deberá depositar o devandito aval no prazo de 30 días contados desde o día seguinte ao da notificación desta resolución.

Esta fianza constituirase na Caixa Xeral de Depósitos da Consellería de Facenda da Xunta de Galicia, en calquera das formas sinaladas no artigo 11.3 do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, sobre réxime de instalación, ampliación e traslado de industrias, e devolverase cando desaparezan as causas que motivaron a súa exixencia, unha vez depositado o importe correspondente ao aval de restauración en fase de desmantelamento, conforme o artigo 6 do Decreto 455/1996, do 7 de novembro.

3. Como requisito necesario para a aplicación á citada instalación do réxime especial de produción de enerxía eléctrica, o promotor deberá inscribila definitivamente no Rexistro de Instalacións de Produción de Enerxía Eléctrica en Réxime Especial da Comunidade Autónoma de Galicia, creado pola Orde da Consellería de Industria e Comercio do 5 de xuño de 1995 (DOG do 14 de xullo), logo da acreditación do cumprimento dos requisitos establecidos nos artigos 11 e 12 do Real decreto 661/2007, do 25 de maio.

4. A instalación adaptarase ao procedemento de captación e procesamento de datos de produción de enerxía eléctrica de Galicia regulamentado pola Orde da Consellería de Innovación e Industria, do 23 de xaneiro de 2009, pola que se establece o procedemento para a captación e procesamento dos datos de produción enerxética das instalacións acollidas ao réxime especial de produción de enerxía eléctrica na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG n.º 37, do 23 de febreiro).

5. No caso de se manifestaren perturbacións na recepción do sinal de televisión, directamente atribuíbles ás instalacións do parque eólico, Eólica Galaicoasturiana, S.A. deberá adoptar as medidas necesarias para devolverlle á recepción do sinal as anteriores condicións de calidade.

6. As instalacións autorizadas terán que realizarse de acordo coas especificacións e planos que figuran no proxecto de execución que por esta resolución se aproba, cun orzamento de 15.645.014,12 euros.

7. O prazo para a posta en marcha das instalacións que se autorizan será de trinta meses contados a partir da data de ocupación dos terreos.

Unha vez construídas as instalacións autorizadas e con carácter previo á súa posta en marcha, as xefaturas territoriais da Consellería de Economía e Industria da Coruña e Lugo inspeccionarán a totalidade das obras e montaxes efectuadas en cadansúa provincia e verificarán o cumprimento das condicións establecidas nesta resolución e as demais que sexan de aplicación, incluídas as contidas na declaración de impacto ambiental formulada o 2 de marzo de 2010 pola Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

8. O parque eólico deberá cumprir cos requisitos que se recollan nos procedementos de operación aprobados polo Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo, que lle resulten de aplicación.

9. As instalacións que se autorizan, por superar os 100 metros de altura, teñen a consideración de obstáculos á navegación aérea, segundo o disposto no artigo 8 do Decreto 584/1972, do 24 de febreiro, de servidumes aeronáuticas. Polo tanto, o promotor, con anterioridade ao inicio das obras, deberá obter o correspondente permiso do organismo competente, segundo o establecido no antedito decreto e demais lexislación aplicable para o efecto.

10. A Administración reserva para si o dereito de deixar sen efecto a presente autorización por calquera das causas establecidas no artigo 34 do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, por incumprimento das condicións impostas ou por outra causa excepcional que o xustifique.

11. Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, cabe interpoñer recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Economía e Industria, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación, ou directamente recurso contencioso-administrativo, segundo o establecido nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que coiden conveniente.

Santiago de Compostela, 12 de marzo de 2012.

P.D. (Orde 30.4.2009; DOG n.º 87, do 6 de maio)
Borja Verea Fraiz
Secretario xeral técnico da Consellería de Economía e Industria