Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Luns, 26 de marzo de 2012 Páx. 10538

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

CÉDULA do 9 de marzo de 2012, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica o acordo de incoación de expediente de cancelación do permiso de investigación Jupiter número 4938, titularidade de Daniel Sánchez Rodríguez.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada parcialmente pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícaselle a Daniel Sánchez Rodríguez, con último enderezo coñecido na Lagúa, n.º 5, 32335 Sobradelo de Valdeorras (Ourense), como titular, o acordo de incoación de expediente de cancelación do permiso de investigación Jupiter n.º 4938, pola causa prevista no artigo 105 K) do Regulamento xeral para o réxime da minaría, do 25 de agosto de 1978, «polos supostos previstos na Lei de procedemento administrativo que leven aparellada a cancelación», xa que, intentada polos medios legalmente establecidos, non se puido efectuar.

Os interesados disporán dun prazo de quince días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, para formular as alegacións e presentar os documentos e xustificación que consideren oportunos na súa defensa, de conformidade co establecido no artigo 84 da citada Lei 30/1992. No suposto de non efectuar alegacións no prazo indicado, o acordo de incoación de expediente de cancelación considerarase como proposta de resolución.

Ourense, 9 de marzo de 2012.

Gabriel Diéguez Domínguez
Xefe territorial de Ourense