Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Luns, 26 de marzo de 2012 Páx. 10522

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 16 de xaneiro de 2012, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se dá publicidade á declaración de impacto ambiental formulada pola Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental con data do 16 de decembro de 2011, relativa ao proxecto do Parque Eólico Albariño I, nos concellos de Baiona, Oia, Tomiño e Gondomar (Pontevedra), promovido por Eurovento, S.L.U.

Visto o artigo 5.7.º do Decreto 442/1990, do 13 de decembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia (DOG n.º 188, do 25 de setembro),

RESOLVO:

Dar publicidade mediante esta resolución á declaración de impacto ambiental do 16 de decembro de 2011, formulada pola Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, relativa ao proxecto do Parque Eólico Albariño I, nos concellos de Baiona, Oia, Tomiño e Gondomar (Pontevedra), promovido por Eurovento, S.L.U., e que se poderá consultar na seguinte ligazón: http://medioambiente.xunta.es/buscaExpedientes.do e nas dependencias da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas da Consellería de Economía e Industria, sitas no edificio administrativo San Caetano, bloque 5, cuarto andar, en Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 16 de xaneiro de 2012.

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Industria, Enerxía e Minas