Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Xoves, 22 de marzo de 2012 Páx. 10076

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 da Coruña

EDICTO (982/2011).

Número autos: despedimento obxectivo individual 982/2011.

Demandante: Joaquim Ferreira Monteiro.

Avogada: Pilar Fernández González.

Procuradora: María Irene Cabrera Rodríguez.

Demandados: Técnica Instalaciones Coruña, S.L.

Eu, Eduardo José Castaño Barreiro, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento obxectivo individual 982/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Joaquim Ferreira Monteiro contra a empresa Técnica Instalaciones Coruña, S.L, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Resolvo que debo estimar e estimo integramente a demanda formulada por Joaquim Ferreira Monteiro, con NIE: X-7477263-D, contra a empresa Técnica Instalaciones Coruña, S.L., e cualifico como improcedente o despedimento con data do 20 de xullo de 2011, e ante a imposibilidade de readmisión, declaro extinguida a relación laboral do demandante coa empresa demandada, con efectos na data de hoxe, día 25 de xaneiro de 2012, e condeno a dita empresa a se ater a tal declaración, e a que lle aboe ao traballador as seguintes cantidades:

Indemnización

Salarios de trámite 21.7.2011/25.1.2012

12.387,37 € (243,75 días* 50,82 €/día)

9.604,98 €

Notifíqueselles esta sentenza ás partes e fágaselles saber que non é firme e que contra ela cabe interpor recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se anunciará por escrito ou comparecencia perante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir do seguinte ao da súa notificación. De ser recorrente a empresa demandada deberá acreditar, mediante a exhibición perante este xulgado, o xustificante acreditativo de ter depositado a cantidade obxecto de condena (clave de ingreso 1531-60) na conta deste xulgado aberta en Banesto; poderase substituír a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no cal se fará constar a responsabilidade solidaria do avalista. Deberase acreditar tamén na indicada conta (clave de ingreso 1531-34) a consignación da suma de 300 euros preceptivos para interpor recurso. Sen este cumprimento non se terá por anunciado o recurso.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Técnica Instalaciones Coruña, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 1 de marzo de 2012.

O secretario xudicial