Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Xoves, 22 de marzo de 2012 Páx. 10078

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (170/2010).

Neste Xulgado do Social número 1 tramítase execución de títulos xudiciais 170/2010, por instancia de Juan José Fernández Vázquez, contra José Latas López, Mónica Castro López e Canalones Laca, C.B., con domicilio en Illas Cíes, 31, 2.º, Lugo, no cal, por resolución desta data, se acordou sacar a poxa pública do ben que se dirá, sinalándose para que teña lugar no próximo día 4 de maio de 2012 ás dez horas, coas condicións seguintes:

Primeira. Os licitadores, a excepción do executante, para tomaren parte na poxa, deberán presentar xustificante acreditativo de ter depositado na conta de depósitos e consignacións deste tribunal, ou de teren prestado aval bancario, polo 20 por cento do valor de taxación dos bens obxecto da poxa, facendo constar, se é o caso, se se fai en nome de terceiro.

Segunda. Poderanse facer ofertas por escrito en sobre pechado, desde o anuncio da poxa ata a súa realización, facéndose o depósito a que se fixo mención anteriormente.

Terceira. Poderanse facer ofertas superiores ao 50 por cento da taxación, pero ofrecendo pagar a prazos con garantías suficientes, bancarias ou hipotecarias, do prezo do remate.

Cuarta. Non se poderá proceder á inmediata aprobación do remate se a cantidade ofrecida non superar o 50 por cento do valor de taxación ou, sendo inferior, non cubrir, polo menos a cantidade pola que se despachou execución, incluíndo a previsión para xuros e custas.

Quinta. Unicamente o executante ou os responsables legais solidarios ou subsidiarios poderán concorrer reservando a facultade de ceder o remate a un terceiro, podendo tomar parte na poxa só cando existan licitadores, mellorando as ofertas que se fixeren.

Sexta. En caso de que a poxa quede deserta, só o executante ou, no seu defecto, os responsables legais solidarios ou subsidiarios, terán o dereito a se adxudicaren o ben polo 30 por cento da súa taxación.

Sétima. Para o suposto en que a notificación da sinalización ao executado resultar negativa por encontrarse en ignorado paradoiro, sirva o presente de notificación edictal.

Ben que se saca a poxa e valor:

Vehículo matrícula 2123CCH.

Número de bastidor WDC1631131X742479.

Marca Mercedes.

Modelo ML 270 CDI.

Taxado en 16.000 euros.

Dado en Lugo o 3 de febreiro de 2012.

O secretario xudicial