Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Xoves, 22 de marzo de 2012 Páx. 10080

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (223/2009).

Neste Xulgado do Social número 1 tramítase execución 223/2009, por instancia de Jesús García Pacios contra Víctor Manuel García González, no cal, por Resolución do 13.2.2012, se acordou sacar a poxa pública o ben que máis abaixo se dirá, sinalándose para que teña lugar no próximo día 4.5.2012 ás 10.00 horas, coas condicións seguintes:

Primeira. Os licitadores, a excepción do executante, para tomaren parte na poxa, deberán presentar xustificante acreditativo de ter depositado na conta de depósitos e consignacións deste tribunal, ou de ter prestado aval bancario, polo 20 por 100 do valor de taxación dos bens obxecto da poxa, facendo constar, se é o caso, se se fai en nome de terceiro.

Segunda. Poderán facerse ofertas por escrito en sobre pechado, desde o anuncio da poxa ata a súa realización, facendo o depósito a que se fixo mención anteriormente.

Terceira. Poderán facerse ofertas superiores ao 50 por 100 da taxación, pero ofrecendo pagar a prazos con garantías suficientes, bancarias ou hipotecarias, do prezo do remate.

Cuarta. Non se poderá proceder á inmediata aprobación do remate se a cantidade ofrecida non superar o 50 por 100 do valor de taxación, ou sendo inferior, non cubrir, polo menos, a cantidade pola que se despachou execución, incluíndo a previsión para xuros e custas.

Quinta. Unicamente o executante ou os responsables legais solidarios ou subsidiarios poderán concorrer reservando para si a facultade de ceder o remate a un terceiro, e poden tomar parte na poxa só cando existan licitadores, mellorando as posturas que se fixeren.

Sexta. En caso de que a poxa quede deserta, só o executante ou, no seu defecto, os responsables legais solidarios ou subsidiarios, terán o dereito a se adxudicaren o ben polo 30 por 100 da súa taxación.

Sétima. Para o suposto de que a notificación da sinalización ao executado resultar negativa por encontrarse en ignorado paradoiro, sirva o presente de notificación edictal.

Sácase a poxa: vehículo matrícula 7256BGT, marca BMW, modelo serie x x5, número de bastidor WBAFB31020LG97786.

Táxase en 15.180 euros.

Depositario: Víctor Manuel García González con domicilio na rúa Álvaro Cunqueiro, 36, 2. º, Foz.

Lugo, 13 de febreiro de 2012.

O secretario xudicial