Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Xoves, 22 de marzo de 2012 Páx. 10082

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (134/2010).

Neste Xulgado do Social número 1 tramítase execución de títulos xudiciais 134/2010, por instancia de Ramón Méndez López, contra Miguel Ángel Pedre Díaz, na cal, por resolución desta data, se acordou sacar a poxa pública o ben que máis abaixo se dirá, sinalándose para que teña lugar no próximo día 6 de xuño de 2012, ás dez horas, coas condicións seguintes:

Primeira. Os licitadores, a excepción do executante, para tomar parte na poxa, deberán presentar xustificante acreditativo de ter depositado na conta de depósitos e consignacións deste tribunal, ou de ter prestado aval bancario, polo 20 por 100 do valor de taxación dos bens obxecto da poxa, facendo constar, se é o caso, se se fai en nome de terceiro.

Segunda. Poderán facerse ofertas por escrito en sobre pechado, desde o anuncio da poxa ata a súa realización, facendo o depósito a que se fixo mención anteriormente.

Terceira. Poderá facerse ofertas superiores ao 50 por 100 da taxación, pero ofrecendo pagar a prazos con garantías suficientes, bancarias ou hipotecarias, do prezo do remate.

Cuarta. Non se poderá proceder á inmediata aprobación do remate se a cantidade ofrecida non superar o 50 por 100 do valor de taxación ou, sendo inferior, non cubrir, polo menos a cantidade pola que se despachou execución, incluíndo a previsión para xuros e custas.

Quinta. Unicamente o executante ou os responsables legais solidarios ou subsidiarios poderán concorrer reservando para si a facultade de ceder o remate a un terceiro, podendo tomar parte na poxa, só cando existan licitadores, mellorando as ofertas que se fixeren.

Sexta. En caso de que a poxa quede deserta, só o executante ou, no seu defecto, os responsables legais solidarios ou subsidiarios terán o dereito a adxudicarse o ben polo 30 por 100 da súa taxación.

Sétima. Para o suposto en que a notificación da sinalización ao executado resultar negativa por encontrarse en ignorado paradoiro, sirva este de notificación edictal.

Ben que se saca a poxa: o vehículo matrícula Camión IVECO, modelo AS260548YPT, matrícula 5889DVM, número de bastidor WJME2NUH004304525.

Valoración: 18.000 euros.

Lugo, 24 de febreiro de 2012.

O secretario xudicial