Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Xoves, 22 de marzo de 2012 Páx. 10084

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 9 de xaneiro de 2012, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se resolve o recurso de alzada interposto contra resolución recaída no expediente sancionador OU-EP 88/2011 e OU-EP 93/2011, en materia de espectáculos públicos, tramitado na provincia de Ourense.

Intentada a notificación ao titular do establecemento que se indica a continuación sen que se puidese practicar, resolvo notificar por este medio, ao abeiro do artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a resolución do recurso de alzada que se relaciona no anexo, interposto contra a resolución recaída no expediente sancionador OU-EP 88/2011 e OU-EP 93/2011 aberto por infracción da Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, de protección da seguridade cidadá.

Contra esta resolución que esgota a vía administrativa, cabe formular recurso contencioso-administrativo, ante o xulgado do contencioso-administrativo correspondente no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación.

Santiago de Compostela, 9 de xaneiro de 2012.

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza

ANEXO

N.º expediente

Recorrente

Enderezo

Establecemento

Data e sentido da resolución do recurso de alzada

OU-EP 88/2011

Bernardo Rodríguez Fernández

R/ Curros Enríquez, 25 baixo

32630 Xinzo de Limia (Ourense)

“Q+DA”

16.2.2012

Desestimatoria

OU-EP 93/2011

Bernardo Rodríguez Fernández

R/ Curros Enríquez, 25 baixo

32630 Xinzo de Limia (Ourense)

“Q+DA”

16.2.2012

Desestimatoria