Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Xoves, 22 de marzo de 2012 Páx. 10074

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Vigo

EDICTO (1304/2010).

María Lago Rivero, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Vigo, anuncio neste procedemento ordinario número 1304/2010 seguido por instancia de María del Carmen Gómez Pérez, Arturo Ramón Fajardo Piñeiro fronte a Nosa Pesca, S.L., Marcelino Cabezas Bao, Carmen Sánchez Campos e Manuel Campos Ocampo ditouse sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

«Sentenza.

En Vigo a 29 de setembro de 2011.

Vistos por María Isabel Castro Martínez, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Vigo, os autos de xuízo ordinario sobre reclamación de cantidade co número 1304/2010, promovidos por Arturo Fajardo Piñeiro e María Carmen Gómez Pérez, representados pola procuradora Sra. Bravo Cores e asistidos do letrado Sr. Santiago Pérez, contra Nosa Pesca, S.L., Marcelino Cabezas Bao, Manuel Campos Ocampo e María Carmen Sánchez Campos, en situación procesual de rebeldía.

Estimando integramente a demanda promovida pola representación de Arturo Fajardo Piñeiro e María Carmen Gómez Pérez contra Nosa Pesca, S.L., Marcelino Cabezas Bao, Manuel Campos Ocampo e María Carmen Sánchez Campos, debo condenar cada un dos demandados a aboar aos demandantes a cantidade de 10.416,63 euros, xuros legais desde a data do pagamento efectuado (3 de xuño de 2008), e ao pagamento das custas procesuais.

Notifíquese ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de apelación, que se deberá preparar ante este xulgado no prazo de cinco días desde a súa notificación, perante a Audiencia Provincial de Pontevedra.

Conforme a disposición adicional décimo quinta da LOPX, para a admisión do recurso deberase acreditar ter constituído, na conta de depósitos e consignacións deste órgano, un depósito de 50 euros, salvo que o recorrente sexa beneficiario de xustiza gratuíta, o Ministerio Fiscal, o Estado, comunidade autónoma, entidade local ou organismo autónomo dependente.

O depósito deberá constituílo ingresando a citada cantidade no Banesto, na conta deste expediente, sinalando no campo concepto a indicación recurso seguida do código 02 civil-apelación.

Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír, tras a conta referida, separados por un espazo, a indicación recurso seguida do código 02 civil-apelación.

No caso de que deba realizar outros pagamentos na mesma conta, deberá verificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase indicando, neste caso, no campo observacións a data da resolución impugnada co formato dd/mm/aaaa».

E encontrándose os devanditos demandados, Nosa Pesca, S.L., Marcelino Cabezas Bao, Carmen Sánchez Campos e Manuel Campos Ocampo, en paradoiro descoñecido, expídese este co fin de que sirva de notificación en forma a aqueles.

Vigo, 13 de febreiro de 2012.

A secretaria xudicial