Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Xoves, 22 de marzo de 2012 Páx. 10073

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Pontevedra

EDICTO (575/2010).

No procedemento de referencia ditouse a resolución literal seguinte:

Sentenza: 161/2011.

Procedemento ordinario 575/2010.

En Pontevedra o 26 de setembro de 2011.

Eu, María Ángeles González de los Santos, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Pontevedra e o seu partido, vistos estes autos de xuízo ordinario 575/2010, seguidos por instancia de Banco Santander, S.A., representado polo procurador Pedro Sanjuán Fernández e defendido polo letrado José Iglesias Ares, contra Construcciones A.V. Casal, S.L., Emilio Francisco Gestoso, Francisco Dacosta Abilleira, José Manuel Pérez Pombo e Rodrigo Vázquez Cabanelas, ditou, en nome do rei, o seguinte:

«Resolvo que debo estimar a demanda presentada polo procurador Pedro Sanjuán Fernández, en nome e representación de Banco Santander, S.A., contra Construcciones A.V. Casal, S.L., Emilio Francisco Gestoso Carabia, Francisco Dacosta Abilleira, José Manuel Pérez Pombo e Rodrigo Vázquez Cabanelas e, en consecuencia, debo condenar solidariamente os demandados a lle pagar ao demandante a cantidade de 72.234,50 euros, co xuro do artigo 576 da Lei de axuizamento civil.

As custas procesuais impóñenselles aos demandados».

Notifíqueselles esta sentenza ás partes e fágaselles saber que non é firme e que contra ela poden interpor recurso de apelación, que se preparará por escrito perante este xulgado dentro do prazo dos cinco días seguintes ao da súa notificación, logo de depósito da cantidade de 50 euros na conta de consignacións e depósitos deste xulgado.

Ao non coñecer o domicilio de Construcciones A.V. Casal, S.L. e Rodrigo Vázquez Cabanelas, dítase esta resolución para que sirva de cédula de notificación da sentenza.

Pontevedra, 21 de decembro de 2011.

A secretaria