Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Xoves, 22 de marzo de 2012 Páx. 10071

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (recurso de suplicación 5242/2011-MCR).

Tipo e n.º de recurso: recurso de suplicación 5242/2011-MCR.

Xulgado de orixe/autos: demanda 403/2011. Xulgado do Social número 4 de Vigo.

Recorrente: Saladina Parada Blanco.

Avogada: Cristina Pesqueira García.

Procurador: José Antonio Castro Bugallo.

Recorridos: Fogasa, Viguesa de Gestión Hostelera, S.L.

Eu, M. Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 5242/2011 desta sección, seguido por instancia de Saladina Parada Blanco contra a empresa Fogasa, Viguesa de Gestión Hostelera, S.L., sobre despedimento disciplinario, se ditou a seguinte resolución:

«Estimamos en parte o recurso de suplicación interposto pola representación letrada de Saladina Parada Blanco contra a sentenza do Xulgado do Social número 4 de Vigo, do 3 de xuño de 2011, en autos n.º 403/2011, que revogamos no sentido de fixar a indemnización en once mil oitocentos oitenta e nove euros con noventa e cinco céntimos (11.889,95 €) e os salarios de tramitación en trinta e oito euros con setenta e tres céntimos diarios (38,73 €/día), e que confirmamos nos seus demais pronunciamentos.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia-Sala do Social.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para a unificación de doutrina, que se debe preparar mediante escrito presentado perante esta sala do social dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes ao da data de notificación desta sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, deberá consignar a cantidade de 600 euros en concepto de depósito para interpor recurso, na conta de consignacións desta sala, sección aberta en Banesto co n.º 1552, debendo indicar no campo concepto recurso seguida do código 35-social casación. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria, deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo, o código 35-social casación. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de Observacións a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que conste e sirva de notificación á empresa Viguesa de Gestión Hostelera, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 1 de marzo de 2012.