Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Xoves, 22 de marzo de 2012 Páx. 10069

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 2556/2008-CON-A).

Nas actuacións de recurso de suplicación número 2556/2008-CON-A a que se refire o encabezamento, seguidas ante a Sala do Social deste Tribunal Superior de Xustiza, dimanantes dos autos número 37/2008 do Xulgado do Social número 5 de Vigo, promovidos por Fogasa contra Viguesa de Excavaciones y Transportes, S.L., José Roade Fernández, sobre reclamación de cantidade, con data 27 de febreiro de 2012, ditouse a resolución cuxa parte dispositiva é do seguinte teor literal:

«Que desestimando o recurso de suplicación interposto polo Fondo de Garantía Salarial contra a sentenza de data 25 de marzo de 2008, ditada polo Xulgado do Social número 5 de Vigo en autos seguidos por instancia de José Roade Fernández contra a empresa Viguesa de Excavaciones y Transportes, S.L. e o Fogasa, a Sala confírmaa na súa totalidade.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que, contra esta, só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta Sala do Social, dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei reguladora da xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

-A cantidade obxecto de condena na c/c desta Sala no Banco Banesto, número 1552 0000 80 (n.º de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

-O depósito de 600 euros na c/c desta Sala número 1552 0000 37 (n.º de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia no rolo que se arquivará neste tribunal e incorporarase o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao Xulgado do Social de procedencia.

Así, por esta nosa sentencia, o pronunciamos, mandamos e asinamos».

Advírteselle á parte en ignorado paradoiro que, a partir deste momento, se lle efectuarán as notificacións en estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co prevido no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que así conste para os efectos da súa publicación no DOG co fin de que sirva de notificación en forma a Viguesa de Excavaciones y Transportes, S.L., coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 27 de febreiro de 2012.

A secretaria xudicial