Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Martes, 20 de marzo de 2012 Páx. 9706

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 1510/2008-S-A).

Sala do Social - Secretaria: María Asunción Barrio Calle

Tipo e n.º de recurso: recurso de suplicación 1510/2008 OP/1-2 (S-A)

Xulgado de orixe/autos: Xulgado do Social número 2 de Ferrol. Demanda 485/2007

Materia: accidente

Recorrente: Mutua Asepeyo. Letrado: J. L. Martínez-Olivárez Gómez. Fax: 981 15 10 27

Recorridos: INSS e TXSS

Unicen, S.L. R/ San Pedro de Leixa s/n, 15405 Ferrol

María del Carmen Seco Cabarcos. R/ Dos Mirtos n.º 3-1.º esqda., 15500 Ferrol

Nas actuacións do recurso de suplicación número 1510/2008-S-A a que se refire o encabezamento, seguidas perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, dimanantes dos autos número 485/2007 do Xulgado do Social número 2 de Ferrol promovidos pola Mutua Asepeyo contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Unicen, S.L. e María del Carmen Seco Cabarcos, sobre accidente, o 27 de febrero de 2012 ditouse a resolución, cuxa parte dispositiva é do seguinte teor literal:

«Decidimos que, desestimando o recurso de suplicación interposto por María Amada Lapido Fernández contra a sentenza do Xulgado do Social número 2 de Ferrol, do 25 de febreiro de 2008, en proceso sobre dereito e cantidade promovido polo recorrente fronte ao Imserso, debemos confirmar e confirmamos a sentenza impugnada.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e fágaselles saber que, contra ela, só cabe recurso de casación para unificación de doutrina que se preparará por escrito perante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei reguladora da xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no Banco Banesto, n.º 1552 0000 80 (n.º recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala n.º 1552 0000 35 (n.º recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

Advírteselle á parte en ignorado paradoiro que, no sucesivo, se lle efectuarán as notificacións nos estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co prevido no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que así conste para efectos da súa publicación no DOG co fin de que sirva de notificación en forma a Unicen, S.L., con último domicilio coñecido en Ferrol, lugar de San Pedro de Leixa n.º 303, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán nos estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 27 de febreiro de 2012.

A secretaria xudicial