Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Martes, 20 de marzo de 2012 Páx. 9704

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 2892/2009 JS).

Sala do Social - Secretaría: M. Asunción Barrio Calle.

Tipo e n.º de recurso: recurso de suplicación 2892/2009 JS.

Materia: incapacidade temporal.

Recorrente: Montserrat Vaqueiro Crespo.

Recorrido: Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Sergas, Eurest Colectividades, S.L., Mutual Midat Cyclops.

Xulgado de orixe/autos: Xulgado do Social número 5 de Vigo. Demanda 123/2009.

Nas actuacións do recurso de suplicación número 2892/2009 JS a que se refire o encabezamento, seguidas perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, dimanantes dos autos número 123/2009 do Xulgado do Social número 5 de Vigo, promovidos por Montserrat Vaqueiro Crespo contra Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría General de la Seguridad Social, Sergas, Eurest Colectividades, S.L., Mutual Midat Cyclops, sobre incapacidade temporal, con data 22.2.2012 se ditou a resolución cuxa parte dispositiva é do seguinte teor literal:

«Decidimos. Que desestimamos o recurso de suplicación formulado por Montserrat Vaqueiro Crespo contra a sentenza ditada o 4.5.2009 polo Xulgado do Social número 5 de Vigo nos autos n.º 123/2009 sobre extinción de incapacidade temporal contra Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Sergas, Mutual Cyclops e Eurest Colectividades, S.L., resolución que se mantén na súa integridade.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e fágaselles saber que, contra ela, só cabe recurso de casación para unificación de doutrina que se preparará por escrito perante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei reguladora da xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no Banco Banesto, n.º 1552 0000 80 (n.º recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala n.º 1552 0000 37 (n.º recurso) (dúas últimas cifras do ano)».

Advírteselle á parte en ignorado paradoiro que, no sucesivo, se lle efectuarán as notificacións nos estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co prevido no artigo 59 da Lei de procedemento laboral».

E para que así conste para efectos da súa publicación no DOG, co fin de que sirva de notificación en forma a Eurest Colectividades, S.L., con último domicilio coñecido en Vigo, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán nos estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 22 febreiro de 2012.

A secretaria xudicial