Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Martes, 20 de marzo de 2012 Páx. 9708

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (PO 521/11-M).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fai saber que ante este xulgado se tramitan autos co número DSP 521/11 por instancia de Josefa Suárez Vázquez, Raquel Senra Rial, M. Lucía Suárez Vázquez e Josefina Santos Arcas contra Taller de Confección Artextil, a administración concursal e o Fogasa, sobre cantidade, nos cales o día 23 de xaneiro de 2012 se ditou sentenza cuxa parte dispositiva di textualmente:

Que debo estimar e estimo parcialmente a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Josefa Suárez Vázquez, Raquel Senra Rial, María Lucía Suárez Vázquez e Josefina Santos Arcas, contra a entidade Taller de Confección Artextil, S.L., e a súa administración concursal, e en consecuencia, debo condenar e condeno a Taller de Confección Artextil, S.L., a que aboe a cada unha das demandantes a cantidade de 2.265,67 euros por salarios de febreiro, marzo, con pagas extras e liquidación de vacacións de 2011, incrementadas co xuro do 10% por mora e aplicable aos conceptos salariais, e nas cantidades que se citarán a continuación en relación coa indemnización por extinción da relación laboral:

A Josefa Suárez Vázquez, a cantidade de 1.114,93 euros.

A Raquel Senra Rial, a cantidade de 1.278,89 euros.

A María Lucía Suárez Vázquez, a cantidade de 1.114,93 euros.

A Josefina Santos Arcas, a cantidade de 327,18 euros.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese esta resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito a interpoñer contra ela recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Se o recurso é interposto pola parte demandada non se admitirá este sen a consignación previa do importe da condena que deberá ingresar na conta do Xulgado do Social número 5 da Coruña, aberta no grupo Banesto, máis 150 euros do depósito especial indicado no artigo 227.1.a) da Lei de procedemento laboral. Ambos os dous ingresos deberán efectuarse por separado na mesma conta corrente antes indicada, podendo substituír a empresa o importe da consignación pola constitución á disposición deste xulgado de aval bancario por tempo indefinido e con responsabilidade solidaria do avalista.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Para que conste e para inserir no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación á empresa demandada Taller de Confección Artextil, S.L., co apercibimento de que as sucesivas notificacións se realizarán nos estrados do xulgado agás as que revistan forma de emprazamentos, sentenzas e autos, expido e asino este.

A Coruña, 28 de febreiro de 2012.

María Jesús Hernando Arenas
Secretaria xudicial