Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Martes, 20 de marzo de 2012 Páx. 9710

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (17/2012).

N.º autos: execución de títulos xudiciais 0000017/2012.

Demandante: Alexandre Pacheco dos Santos.

Avogada: María Mercedes Rubal Díaz.

Demandada: Revoco de Baos, S.L.

Rafael González Alió, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 17/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Alexandre Pacheco dos Santos contra a empresa Revocos de Baos, S.L. sobre despedimento, foi ditado auto cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Declárase extinguida a relación laboral que unía Alexandre Pacheco dos Santos coa empresa Revocos de Baos, S.L., e condénase esta ao pagamento das seguintes cantidades:

Nome do traballador: Alexandre Pacheco dos Santos.

Indemnización: 26.798,63 euros (vinte e seis mil setecentos noventa e oito con sesenta e tres céntimos de euro).

Salarios: 10.980,33 euros (dez mil novecentos oitenta con trinta e tres céntimos de euro)».

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Lugo, 20 de febreiro de 2012.

O secretario xudicial