Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Martes, 20 de marzo de 2012 Páx. 9711

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO de citación (45/2012).

Rafael González Alió, secretario do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fai saber que, por resolución ditada no proceso seguido por instancia de Ramón Edgardo Díaz Valcarce e Luis López López contra Onte, S.A., Sarriana de Maderas, S.A.L., José Díaz Valcárcel, Gentina, S.A., Santiago Souza Fontán, administrador concursal Manuel Víctor Sánchez López e Tableval, S.A., en reclamación por despedimento, rexistrado co n.º 45/2012, se acordou citar a Trableval, S.A., en ignorado paradoiro, co fin de que compareza o día 13.4.2012 ás 11.45, para a celebración dos actos de conciliación e, se é o caso, xuízo, que terán lugar na sala de vistas do Xulgado do Social número 1 sito en r/ Armando Durán, 1, 4.º de Lugo, debendo comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada, e con todos os medios de proba de que se intente valer, coa advertencia de que é única convocatoria e que os ditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Lugo, 6 de marzo de 2012.

O secretario xudicial