Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Martes, 20 de marzo de 2012 Páx. 9712

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 17 de febreiro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifican as resolucións de cancelación da inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia dos expedientes AC-PF-713/2008 e dous máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE n.º 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE n.º 12, do 14 de xaneiro), notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo a cancelación da súa inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia, por non ser posible a súa notificación por correo certificado.

Os expedientes relacionados atópanse á disposición dos interesados para que, de ser o caso, poidan consultalos na Xefatura Territorial da Coruña, sita na praza de Luís Seoane s/n, 15008 A Coruña.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada ante o director xeral de Xustiza no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta notificación. Logo de transcorrer o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, a resolución será firme para todos os efectos regulamentarios.

A Coruña, 17 de febreiro de 2012.

Ana Lado Eiriz
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Número de expediente: AC-PF-713/2008.

NIF: 32834019R.

Interesado: Antonio Fraga Fernández.

NIF: 53300483F.

Nuria Suárez Alvarellos.

Número de expediente: AC-PF-1027/2009.

NIF: 53302185F.

Interesada: Elva Felípez Mato.

Número de expediente: AC-PF-388/2011.

Pasaporte: A00400591.

Interesado: Cheikh Niasse.

NIF: 32807796K.

Interesada: María Yolanda García Outeiral.