Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 16 de marzo de 2012 Páx. 9484

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Vigo

EDICTO (593/2011).

María Lago Rivero, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Vigo, mediante este anuncio, neste procedemento seguido por instancia de Banco Popular Español, S.A., fronte a Sotega, S.L. e Antonio González Martínez, ditouse sentenza, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Sentenza.

En Vigo o 26 de xaneiro de 2012.

Vistos por María Isabel Castro Martínez, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Vigo, os autos de xuízo ordinario sobre reclamación de cantidade co número 593/2011, promovidos por Banco Popular Español, representado polo procurador Sr. Fandiño Carnero e asistido polo letrado Sr. Surís Regueiro, contra Sotega, S.L. e Antonio González Martínez, en situación procesual de rebeldía.

Resolución.

Estimando integramente a demanda promovida pola representación de Banco Popular Español contra Sotega, S.L. e Antonio González Martínez, debo condenar e condeno os demandados a aboar solidariamente á demandante a cantidade de 24.018,23 euros, máis xuros ao tipo pactado do 29% desde a data de peche da conta, e o pagamento das custas procesuais causadas nesta instancia.

Notifíquese ás partes.

Contra a presente resolución cabe recurso de apelación, que se deberá interpoñer ante este xulgado no prazo de vinte días desde a súa notificación, ante a Audiencia Provincial de Pontevedra.

Conforme a disposición adicional décimo quinta da LOPX, para a admisión do recurso deberase acreditar que se constituíu, na conta de depósitos e consignacións deste órgano, un depósito de 50 euros, salvo que o recorrente sexa beneficiario de xustiza gratuíta, o Ministerio Fiscal, o Estado, Comunidade Autónoma, entidade local ou organismo autónomo dependente.

O depósito deberá constituílo ingresando a citada cantidade no Banesto, na conta deste expediente, poñendo no campo concepto a indicación «Recurso», seguida do código «02 Civil-Apelación».

Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír, tras a conta referida, separados por un espazo a indicación «Recurso», seguida do código «02 Civil-Apelación».

No caso de que deba realizar outros pagamentos na mesma conta, deberá verificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase indicando, neste caso, no campo observacións a data da resolución impugnada co formato DD/MM/AAAA.

E encontrándose os devanditos demandados, Sotega, S.L. e Antonio González Martínez, en paradoiro descoñecido, expídese este co fin de que lles sirva de notificación en forma».

Vigo, 17 de febreiro de 2012.

A secretaria xudicial