Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 16 de marzo de 2012 Páx. 9486

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Betanzos

EDICTO (17/2006).

Sandra Pérez Gómez, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Betanzos, fai saber que no divorcio n.º 17/2006, seguido por instancia de José Manuel Otero Fernández, contra María Cao Don, se ditou sentenza e auto de rectificación desta, cuxo encabezamento e parte dispositiva son os seguintes:

Sentenza.

Betanzos, 17 de outubro de 2007.

Xuíz que a dita: Carlos Villarino Moure.

Demandante: José Manuel Otero Fernández.

Letrado: Sr. Iglesias.

Procurador: Sr. Pedreira del Río.

Demandado: María Cao Don, en rebeldía procesual.

Obxecto: divorcio contencioso.

Decido estimar parcialmente a demanda de divorcio interposta por Antonio Pereira Doldán contra María del Carmen Carballal Fernández, declarando a disolución por causa de divorcio do matrimonio celebrado entre as partes litigantes o día 4 de marzo de 1978, mantendo todas as medidas recollidas na sentenza de separación do 14 de febreiro de 2005, coa excepción seguinte:

A pensión por desequilibrio económico a prol de María del Carmen Carballal Fernández fíxase en 400 euros mensuais, cunha duración máxima de oito anos desde a firmeza desta resolución. Tal importe será actualizado anualmente conforme o IPC e ingresado durante os cinco primeiros días de cada mes na conta corrente que para tal efecto designe a beneficiaria.

Todo isto sen especial pronunciamento en canto ás custas procesuais.

Notifíquese esta sentenza ás partes e fágaselles saber que contra ela cabe recurso de apelación que, de ser o caso, se deberá preparar ante este xulgado dentro dos cinco días seguintes a aquel en que se notifique esta resolución.

En canto sexa firme esta sentenza, inscríbase no Rexistro Civil onde consta inscrito o matrimonio.

Lévese o orixinal ao libro de sentenzas e incorpórese testemuño ás actuacións.

Así o acorda, manda e asina Carlos Villarino Moure, xuíz deste xulgado.

Auto.

Xuíz que o dita: Carlos Villarino Moure.

Betanzos, 17 de decembro de 2007.

Parte dispositiva: aclárase e rectifícase a sentenza do 17 de outubro de 2007, ditada nestes autos, nos seguintes termos:

1.º O fundamento xurídico segundo da resolución pasará a ter o seguinte contido: de acordo co solicitado polas partes que compareceron e polo Ministerio Fiscal, procede manter as medidas acordadas na sentenza de separación do 26 de xaneiro de 2004, todo isto de acordo cos artigos 91 e seguintes do Código civil.

2.º Os dous primeiros parágrafos da resolución substitúense polo seguinte: estimar integramente a demanda de divorcio interposta por José Manuel Otero Fernández contra María Cao Don, matrimonio celebrado entre ambos os cónxuxes o 14 de xullo de 1991, mantendo todas as medidas recollidas na sentenza de separación do 26 de xaneiro de 2004 deste xulgado.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe ningún recurso.

Así o acorda, manda e asina Carlos Villarino Moure, xuíz deste xulgado.

E para que lle sirva de notificación en forma á demandada María Cao Don, cuxo domicilio se descoñece, expídese este edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Betanzos, 15 de maio de 2008.

O secretario
Rubricado