Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 16 de marzo de 2012 Páx. 9488

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 4 de Betanzos

EDICTO (570/2011).

Gumersindo Rama Rey, secretario xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 4 de Betanzos, fago saber que no procedemento de xuízo verbal 570/2011, seguido neste xulgado, se ditou sentenza cuxo encabezamento e decisión son do teor literal seguinte:

«Vistos por min, Emma Mourenza Couto, xuíza do Xulgado de Primera Instancia e Instrución número 4 de Betanzos, por proposta da xuíza en prácticas Carmen Riveiros Santiago, os presentes autos de xuízo verbal n.º 570/2011, por instancia de María José Calviño Castrillón, no seu propio nome e representación, contra Clara Iglesias Cortizas, declarada en situación de rebeldía procesual.

Que estimando integramente a demanda formulada por María José Calviño Castrillón, no seu propio nome e representación, contra Clara Iglesias Cortizas, declarada en situación de rebeldía procesual, debo condenar e condeno a Clara Iglesias Cortizas a aboar a María José Calviño Castrillón a cantidade de 675,49 euros, máis os xuros legais e de demora percibidos.

Serán por cargo da demandada condenada o pagamento das custas procesuais.

Notifíquese esta resolución ás partes facéndolles saber que esta é firme e que contra ela non cabe recurso ningún.»

E para que sirva de notificación en legal forma a Clara Iglesias Cortizas, en paradoiro descoñecido, expídese o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Betanzos, 18 de xaneiro de 2012.

O secretario xudicial