Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 16 de marzo de 2012 Páx. 9482

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Ferrol

EDICTO (39/2011).

No procedemento de referencia ditouse a sentenza cuxo encabezamento e resolución literalmente din:

«Sentenza: 290/2011.

Sentenza.

Xuíz que a dita: Javier Tudela Guerrero.

Lugar: Ferrol.

Data: 4 de novembro de 2011.

Demandante: Banco Bilbao Vizcaya Argentaria, S.A.

Avogado/a: Sánchez Rodilla.

Procurador: Antonio Rubín Barrenechea.

Demandado: Ricardo Díaz Dopico (rebelde).

Procedemento: procedemento ordinario 39/2011.

Resolución.

Acordo estimar a demanda presentada por Banco Bilbao Vizcaya Argentaria, S.A. contra Ricardo Díaz Dopico, e condénoo:

Ao pagamento de 6.171,66 euros, derivado da certificación do saldo debedor do contrato de préstamo 0180.0232.062.0000343, de 28.9.2004 a día 17.12.2010.

Ao pagamento dos xuros moratorios pactados desde o día seguinte e ata o seu completo pagamento.

Ao pagamento das custas causadas.

Modo de impugnación: contra esta sentenza cabe recurso de apelación dentro dos cinco días seguintes á súa notificación, que se interpoñerá ante este órgano xudicial.

Conforme a disposición adicional décimo quinta da LOPX, para a admisión do recurso deberase acreditar ter constituído, na conta de depósitos e consignacións deste órgano, un depósito de 50 euros, salvo que o recorrente sexa beneficiario de xustiza gratuíta, o Ministerio Fiscal, o Estado, Comunidade Autónoma, entidade local ou organismo autónomo dependente.

O depósito deberá constituílo ingresando a citada cantidade no Banesto, na conta deste expediente 1559 0000, sinalando no campo «concepto» a indicación «Recurso», seguida do código «02 Civil-Apelación».

Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír, tras a conta referida, separados por un espazo a indicación «Recurso», seguida do código «02 Civil-Apelación».

No caso de que deba realizar outros pagamentos na mesma conta, deberá verificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando, neste caso, no campo observacións a data da resolución impugnada co formato DD/MM/AAAA.

Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

O maxistrado xuíz».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Ricardo Díaz Dopico, expídese esta para que sirva de cédula de notificación.

Ferrol, 7 de novembro de 2011.

O/a secretario/a xudicial