Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 16 de marzo de 2012 Páx. 9480

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Vigo

CORRECCIÓN de erros. Resolución do 27 de febreiro de 2012 pola que se convocan probas selectivas para a provisión dunha praza da categoría de técnico especialista de análise instrumental.

Detectados erros na Resolución do 27 de febreiro de 2012, publicada no DOG número 48, do 8 de marzo, pola que se convocan probas selectivas para a provisión dunha praza da categoría de técnico especialista de análise instrumental, e consonte o previsto no artigo 105.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común,

Esta reitoría

resolveu:

Primeiro. Publicar a redacción da letra A/ «Fase de oposición», encadrada no anexo I «Exercicios e valoración», nos siguientes termos:

A/ Fase de oposición:

A fase de oposición estará constituida polos seguintes exercicios:

– Primero. Consistirá na realización por escrito dun cuestionario tipo test, constituído por 80 preguntas e con catro respostas alternativas, das cales só unha será correcta. Cada resposta errónea descontará o 25% do valor da resposta correcta. O tribunal incluirá 5 preguntas de reserva. O tempo máximo de realización será de 100 minutos. Terá carácter obrigatorio e eliminatorio. Cualificarase cun máximo de 30 puntos, e será necesario obter 15 puntos para superalo.

– Segundo. Tratarase dun exercicio práctico consistente ben en desenvolver por escrito un ou varios supostos prácticos ou ben en responder un cuestionario tipo test, no cal as respostas incorrectas non descontarán. O tempo máximo de realización será de 120 minutos. Terá carácter obrigatorio e eliminatorio. Cualificarase cun máximo de 45 puntos, e será necesario obter 22,5 puntos para superalo.

– Terceiro. Terá carácter obrigatorio e non eliminatorio. Cualificarase cun máximo de 10 puntos e consistirá en:

a) Realizar por escrito un cuestionario tipo test sobre a lingua galega, constituído por 20 preguntas con catro respostas alternativas, das cales só unha será correcta. Cada resposta errónea descontará o 25% do valor da resposta correcta. O tempo máximo de realización será de 30 minutos. Cualificarase cun máximo de 4 puntos.

b) Realizar por escrito un cuestionario tipo test sobre a segunda parte do programa, constituído por 25 preguntas con catro respostas alternativas, das cales só unha será correcta. Cada resposta errónea descontará o 25% do valor da resposta correcta. O tempo máximo de realización será de 30 minutos. Cualificarase cun máximo de 6 puntos.

Segundo. Introdúcese un punto quinto na base sexta co seguinte contido:

«6.5. Con carácter previo á realización dos exercicios da fase de oposición, os/as aspirantes de nacionalidade estranxeira, salvo os/as nacionais de países cuxo idioma oficial sexa o español, deberán acreditar o coñecemento do castelán ben mediante a presentación dos diplomas e certificacións relacionadas na base 3.6.c), ben mediante a superación dunha proba que se axustará ao disposto no Real decreto 1137/2002, do 31 de outubro. A proba cualificarase como apto ou non apto, e será necesario obter a cualificación de apto para poder pasar á fase de oposición».

En consecuencia, o anterior punto quinto da base sexta pasa a ser o punto sexto da mesma base.

Terceiro. Non se modifica o prazo de presentación de solicitudes por non afectar elementos substanciais da convocatoria.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, poderase interpor recurso de reposición ante o reitor, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, de acordo co disposto na Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, modificadora da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Vigo, 12 de marzo de 2012.

Salustiano Mato de la Iglesia
Reitor da Universidade de Vigo