Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 16 de marzo de 2012 Páx. 9503

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 2 de marzo de 2012, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se autoriza administrativamente e se aproba o proxecto de execución Reforma subestación Fibranor 132/6 KV (nova posición de liña de 132 KV) - Reforma subestación Begonte 132/20 KV (nova posición de liña de 132 KV) e nova liña de S.E. Fibranor a S.E. Begonte (L.A.T. 132 KV provisional), no termo municipal de Begonte (Lugo) (expediente IN407A 2011/86-2, 7924 A.T.).

Examinado o expediente instruído a pedimento da empresa Barras Eléctricas Galaico Asturianas, S.A., con enderezo para os efectos de notificación na r/ Cidade de Viveiro, 4, 1.º 27002 Lugo, resultan os seguintes

Antecedentes de feito.

Primeiro. Con data do 31 de agosto de 2011, a citada empresa solicita a autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución das citadas instalacións, presentando a preceptiva documentación a que fai referencia o Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

Segundo. As características técnicas básicas da instalación son as seguintes:

• Ampliación de S.E. Fibranor.

Sistema de 132 kV.

Amplíase o actual sistema de 132 kV de exterior tipo convencional, cunha nova posición de liña composta polos seguintes aparellos:

– Tres transformadores de tensión.

– Tres pararraios con contadores de descargas.

– Un seccionador tripolar rotativo por p.a.t.

– Tres transformadores de intensidade.

– Un interruptor tripolar.

– Un seccionador tripolar rotativo sen p.a.t.

– Complétase a ampliación do sistema de 132 kV coa prolongación das barras principais existentes.

– Instálase unha caseta prefabricada de dimensións 7,24×2,62 m para a colocación dos armarios de control.

• Ampliación S.E. Begonte.

Sistema de 132 kV.

Amplíase o actual sistema de 132 kV de exterior tipo convencional, cunha nova posición de liña composta polos seguintes aparellos:

– Un transformador de tensión.

– Tres pararraios con contadores de descargas.

– Un seccionador tripolar rotativo por p.a.t.

– Tres transformadores de intensidade.

– Un interruptor tripolar.

– Un seccionador tripolar rotativo para illamento con barras.

– Complétase o sistema de 132 kV coa instalación dun seccionador de illamento de barras na actual posición de transformación e coa instalación das barras principais cos seus correspondentes transformadores de tensión e un seccionador tripolar sen p.a.t.

• L.A.T. 132 kV provisional sub. Fibranor a sub. Begonte.

L.A.T. a 132 kV con orixe no pórtico libre da subestación de Fibranor e final no pórtico da subestación de Begonte, cunha lonxitude de 249 metros en condutor tipo LA-280 e cable de terra tipo OPGW, tensado sobre tres apoios, apoios n.º 1 e n.º 3 tipo Águila Real 14.000 e apoio n.º 2 Águila Real 18.000.

Concello: Begonte (Lugo).

Terceiro. Por Resolución do 13 de decembro de 2011, da Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria de Lugo, someteuse a información pública a solicitude de autorización administrativa das instalacións eléctricas do devandito proxecto de execución, e publicouse no DOG do 22 de decembro de 2011 e no BOP de Lugo do 24 de decembro de 2011.

Cuarto. Durante o período en que se someteu a trámite de información pública non consta a presentación de alegacións.

Quinto. Separadamente, presentáronse aquelas partes do proxecto que afectan bens, instalacións, obras ou servizos, centros ou zonas dependentes doutros organismos públicos ou corporacións, co fin de que, de ser o caso, establecesen o condicionado procedente.

Sexto. A solicitude obxecto deste expediente conta co informe favorable da Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria de Lugo.

Fundamentos de dereito.

Primeiro. A Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia; Decreto 79/2009, do 19 de abril e Decreto 13/2012, do 4 de xaneiro, polos que se fixa a estrutura orgánica da Xunta de Galicia e das consellerías desta (DOG do 20.4.2009 e 5.1.2012, respectivamente), Decreto 324/2009, do 11 de xuño (DOG do 17.6.2009) polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria, Decreto 36/2001, do 25 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia, en relación co Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, e a Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, modificada pola Lei 17/2007, do 4 de xullo, e a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Segundo. No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites regulamentarios.

Esta dirección xeral, de acordo co que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas,

RESOLVE:

1. Autorizar administrativamente a reforma subestación Fibranor 132/6 kV (nova posición de liña de 132 kV) – reforma subestación Begonte 132/20 kV (nova posición de liña de 132 kV) e nova liña de S.E. Fibranor a S.E. Begonte (L.A.T. 132 kV provisional), no termo municipal de Begonte (Lugo).

2. Aprobar o proxecto de execución das instalacións eléctricas que se citan.

Todo isto de acordo coas condicións seguintes:

Primeira. As instalacións que se autorizan terán que realizarse de acordo coas especificacións e planos que figuran no proxecto presentado pola empresa, asinado polo enxeñeiro industrial Juan Luis Martos Arroyo, e visado polo Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Cantabria, con núm. de visado dixital e422-2011, con data do 26 de xullo de 2011, e cun orzamento de 919.090,56 euros.

Segunda. O peticionario asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade.

Terceira. En todo momento deberase cumprir canto establecen os regulamentos técnicos de aplicación, así como demais normativas e directrices vixentes que sexan aplicables.

Cuarta. Para introducir modificacións nas instalacións que afecten datos básicos do proxecto será necesaria autorización previa da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas. Así mesmo, a Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria de Lugo poderá autorizar as modificacións de detalle do proxecto que resulten procedentes, debendo comunicar a esta dirección xeral todas as resolucións que diten en aplicación da citada facultade.

Quinta. O prazo para a posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data de notificación da presente resolución.

Unha vez construídas as instalacións autorizadas, a Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria de Lugo inspeccionará a totalidade das obras e montaxes efectuadas e verificará o cumprimento dos compromisos contraídos pola empresa promotora.

Sexta. A Administración reserva para si o dereito de deixar sen efecto esta autorización por calquera das causas establecidas no artigo 34 do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, por incumprimento das condicións impostas ou por calquera outra causa excepcional que o xustifique.

Sétima. Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que estimen pertinente.

Santiago de Compostela, 2 de marzo de 2012.

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Industria, Enerxía e Minas