Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 16 de marzo de 2012 Páx. 9508

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 7 de marzo de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Foz (expediente IN407A 2011/96-2, 7933 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Tabeiros Gestión Global de Inmuebles, S.L.

Domicilio social: Cantón Pequeño, 1, 15001 A Coruña.

Denominación: C.T. Regata e R.B.T.S. para alimentar en B.T. o edificio sito en avda. de Asturias n.º 11-13.

Situación: concello de Foz.

Características técnicas: C.T. Regata en edificio non prefabricado situado na avda. de Asturias n.º 11-13, no cal se instalan dúas celas de liña e unha de protección de trafo, cunha potencia proxectada de 630 kVA, unha potencia inicial de 400 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230V.

R.B.T.S. con orixe no C.T. proxectado e final na BTV do edificio a electrificar en condutor tipo RV, cunha lonxitude de 20 metros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións, nesta xefatura territorial, no prazo de vinte días.

Lugo, 7 de marzo de 2012.

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo