1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección Xeral de Sistemas Informáticos.
c) Número de expediente: SXSI 11/12.
d) Data de envío do anuncio ao Diario Oficial da Unión Europea (DOUE): 5 de marzo de 2012.
2. Obxecto de contrato.
a) Descrición do obxecto: contratación do servizo para o desenvolvemento de novas funcionalidades nas aplicacións informáticas de xestión de probas de acceso e admisión en ciclos formativos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia. CPA-2008: 62.01.11. CPV: 72240000-9.
b) Lugar de realización do servizo: nas dependencias da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e da empresa adxudicataria.
c) Prazo de execución: 1 ano.
d) Admisión de prórroga: si, 1 ano.
e) Establecemento dun acordo marco: non.
f) CPV (referencia de nomenclatura): 72240000-9.
3. Tramitación e procedemento.
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
4. Orzamento base de licitación.
Importe neto: 199.152 €. IVA (18%): 35.847,36 €. Importe total: 234.999,36 euros.
5. Garantías.
Provisional: non se exixe. Definitiva: 5% do importe de adxudicación sen IVE.
6. Clasificación.
a) Clasificación da empresa: grupo V, subgrupo 2, categoría B.
7. Obtención de documentación e información.
7.1. Información:
a) Entidade: Oficina de Información da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
b) Domicilio: edificio San Caetano, s/n. Santiago de Compostela.
7.2. Adquisición dos pregos:
a) Teléfono: 981 95 75 22 ou 981 54 44 47.
b) Domicilio: Subdirección Xeral de Sistemas Informáticos. Edificio administrativo San Caetano s/n. 15781 Santiago de Compostela.
c) Así mesmo, poderanse obter os pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da internet: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=17235
8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.
a) Data límite de presentación: 2 de abril de 2012, ás 15.00 horas.
b) Documentación a presentar: a sinalada no punto 7 do prego de cláusulas administrativas.
c) Lugar de presentación:
1.ª Entidade: Rexistro Xeral da Xunta de Galicia ou por correo.
2.ª Domicilio: edificio administrativo San Caetano, s/n.
3.ª Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.
9. Apertura das ofertas.
a) Entidade: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
b) Domicilio: edificio administrativo San Caetano, s/n.
c) Localidade: Santiago de Compostela.
d) Data e hora: o 10 de abril de 2012, ás 11.00 horas.
10. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 5 de marzo de 2012.
Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria