Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 16 de marzo de 2012 Páx. 9512

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 5 de marzo de 2012, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto e tramitación ordinaria, para a contratación do servizo para o desenvolvemento de novos módulos de software da aplicación informática de xestión de ensinanzas (Xade) dos centros educativos non universitarios (expediente SXSI 12/12).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección Xeral de Sistemas Informáticos.

c) Número de expediente: SXSI 12/12.

d) Data de envío do anuncio ao Diario Oficial da Unión Europea (DOUE): 5 de marzo de 2012.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: contratación do servizo para o desenvolvemento de novos módulos de software da aplicación informática de xestión de ensinanzas (Xade) dos centros educativos non universitarios da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia. CPA-2008: 62.01.11. CPV: 72240000-9.

b) Lugar de realización: nas dependencias da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e da empresa adxudicataria.

c) Prazo de execución: 1 ano.

d) Admisión de prórroga: si, 1 ano.

e) Establecemento dun acordo marco: non.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 72240000-9.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 228.814 €. IVE (18%): 41.186,52 €. Importe total: 270.000,52 euros.

5. Garantías.

Provisional: non se exixe. Definitiva: 5% do importe de adxudicación sen IVE.

6. Clasificación.

a) Clasificación da empresa: grupo V, subgrupo 2, categoría B.

7. Obtención de documentación e información.

7.1. Información:

a) Entidade: Oficina de Información da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

b) Domicilio: edificio San Caetano, s/n. Santiago de Compostela.

7.2. Adquisición de pregos:

a) Teléfono: 981 95 75 22 ou 981 54 44 47.

b) Domicilio: Subdirección Xeral de Sistemas Informáticos. Edificio administrativo San Caetano s/n. 15781 Santiago de Compostela.

c) Así mesmo, poderanse obter os pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da internet: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=17236

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 2 de abril de 2012, ás 15.00 horas.

b) Documentación que teñen que presentar: a sinalada no punto 7 do prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación:

1.ª Entidade: Rexistro Xeral da Xunta de Galicia ou por correo.

2.ª Domicilio: edificio administrativo San Caetano, s/n.

3.ª Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

b) Domicilio: edificio administrativo San Caetano, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data e hora: o 10 de abril de 2012, ás 10.30 horas.

10. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 5 de marzo de 2012.

Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria