Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 15 de marzo de 2012 Páx. 9294

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural e do Mar

ORDE do 13 de marzo de 2012 pola que se aproban os plans para a explotación dos poliquetos en Galicia para o ano 2012 e se regula o seu exercicio.

A Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia, modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro, no seu artigo 2, establece que a política pesqueira galega ten por finalidade a viabilidade duradeira do sector pesqueiro, marisqueiro e acuícola galego, garantindo a mellora das condicións de vida e traballo das persoas que se dedican a estas actividades mediante a explotación sustentable, equilibrada e responsable dos recursos baseada nun asesoramento científico sólido e tendo en conta os aspectos ambientais, económicos e sociais.

A Consellería do Medio Rural e do Mar é o órgano da Administración da Comunidade Autónoma ao cal lle corresponde desenvolver, entre outras, as competencias e funcións en materia de ordenación pesqueira en augas interiores, marisqueo e acuicultura e, a través da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, a Conservación, protección e xestión sustentable dos recursos marisqueiros.

A consellería, segundo o establecido no Decreto 425/1993, do 17 de decembro, polo que se refunde a normativa vixente sobre o permiso de explotación para exercer a actividade pesqueira e marisqueira, regulou a explotación deste recurso no litoral de Galicia mediante a Orde do 6 de febreiro de 1998 e, posteriormente, coa Orde do 18 de abril de 2006, os plans de explotación específicos para poliquetos.

A explotación dos poliquetos no litoral de Galicia vai aumentando ano tras ano debido á gran demanda destas especies para o seu uso como cebo na pesca deportiva, cun valor económico elevado e que constitúe para as persoas dedicadas ao marisqueo unha diversificación da súa actividade, que contribúe á mellora das súas rendas.

As especies que se explotan actualmente continúan a ser:

– Hediste diversicolor: miñoca.

– Diopatra neapolitana: miñoca de tubo, casulo.

– Lumbrineris impatiens: gabián.

– Arenicola marina: mangón, miñoca de area.

Os plans de explotación aprobados van acompañados dun seguimento do recurso, de xeito que actualmente están perfectamente delimitados os bancos marisqueiros por especies susceptibles de seren explotados comercialmente, coñécense os niveis de capturas de cada unha e pode analizarse o resultado do esforzo pesqueiro a que están sometidos os ditos bancos.

Unha revisión bibliográfica da bioloxía das especies explotadas e o seguimento exhaustivo dos plans de explotación, que permite adecuar o esforzo extractivo ás características das poboacións existentes, levan a permitir que poida aumentar o período de extracción, coas garantías dunha boa xestión do recurso.

Dentro das entidades asociativas do sector que levan a cabo a explotación dos recursos, as mariscadoras a pé constitúen un colectivo moi importante. O desenvolvemento da actividade extractiva de poliquetos en todo o seu potencial, no marco dos plans de explotación, precisa que se poida realizar nas mesmas zonas, períodos e horario de traballo que a actividade marisqueira xeral. Esta complementariedade contribuirá de xeito importante á súa consolidación como especie alternativa no sector do marisqueo a pé.

O mecanismo de elaboración dos plans de explotación permítelles ás entidades asociativas do sector a participación activa na xestión dos recursos marisqueiros mediante a presentación dos plans. A Administración, co obxecto de tutelar o proceso, require os informes técnicos sobre os aspectos esenciais e, se procede, introduce as melloras necesarias, co fin de asegurar unha explotación sustentable dos recursos marisqueiros e acadar unha maior rendibilidade económica.

Polo tanto, examinados os plans de explotación remitidos polas entidades asociativas do sector, vistos os informes emitidos polos técnicos desta consellería, e de conformidade co disposto na normativa antes citada,

DISPOÑO:

Artigo 1.

1. Apróbanse os plans de explotación para o ano 2012 presentados polas entidades que se relacionan no cadro A, e que se desenvolverán conforme o establecido nos números 2 e 3 deste artigo e ás instrucións que posteriormente se diten, de seren necesarias.

2. As solicitudes de apertura dirixiranse ás xefaturas territoriais da Consellería do Medio Rural e do Mar, segundo o modelo que figura como anexo II desta orde. O modelo tamén estará á disposición na Guía do cidadán da páxina web http://www.xunta.es e http://www.xunta.es/conselleria-do-medio-rural-e-do-mar

Presentaranse cunha antelación mínima de 10 días ao inicio da actividade extractiva, nos rexistros das súas xefaturas territoriais ou comarcais da Consellería do Medio Rural e do Mar, ou en calquera dos lugares previstos no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Así mesmo, tamén se poderá presentar na sede electrónica https://sede.xunta.es

As solicitudes virán acompañadas dos datos de explotación do mes anterior co obxecto de levar a cabo o seguimento e a xestión dos bancos de acordo coas indicacións dos técnicos da consellería, responsables de emitir informe sobre a solicitude.

Igualmente, estes mesmos datos serán remitidos ao Servizo de Análise e de Rexistros, de xeito electrónico, ao enderezo seguinte: producion.pesqueira@xunta.es

3. As xefaturas territoriais, de acordo co previsto no plan de explotación, ditarán resolución en que se autorice ou denegue a extracción, e expresarán as datas concretas da actividade e demais normas necesarias para o desenvolvemento do plan de explotación.

A falta de resolución expresa determinará a autorización presunta da actividade sempre que a solicitude se presentase dentro do prazo sinalado, doutra forma considerarase desestimada.

Artigo 2.

1. Con carácter xeral, durante o ano 2012, a extracción de poliquetos con carácter comercial poderá desenvolverse ata o 31 de decembro de 2012, e poderá a Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro modificar este prazo, se o considerase necesario, en función do estado do recurso.

Artigo 3.

1. Todas aquelas persoas que queiran dedicarse á extracción de poliquetos deberán figurar nun plan de explotación e estar en posesión dun permiso de explotación de poliquetos segundo o regulado no Decreto 425/1993, do 17 de decembro.

2. As persoas titulares dun permiso de explotación para o marisqueo a pé poderán desenvolver a actividade extractiva de poliquetos no mesmo período e horario que o marisqueo xeral, sempre que a zona de traballo o permita, e así se recolla nos plans de explotación de poliquetos aprobados.

3. Segundo a Orde do 23 de abril de 1999, modificada pola do 13 de xuño de 2001, da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, pola que se regula o exercicio do mergullo profesional, a aprobación dos plans de explotación coa modalidade de mergullo implica a autorización para realizar o mergullo nas zonas e período de vixencia daqueles, segundo as resolucións de apertura que sexan dictadas polas xefaturas territoriais da Consellería do Medio Rural e do Mar, sen prexuízo da correspondente aprobación para efectos de seguridade, outorgada pola capitanía marítima correspondente, de acordo co establecido na Orde do 14 de outubro de 1997, do Ministerio de Fomento, que establece as normas de seguridade para o exercicio de actividades subacuáticas.

Artigo 4.

1. As persoas armadoras de embarcacións que contan no permiso de explotación con modalidades de anzol e que estean utilizando poliquetos como cebo, deberán solicitar autorización para a captura de poliquetos.

2. As solicitudes dirixiranse ás xefaturas territoriais da Consellería do Medio Rural e do Mar, segundo o modelo que figura como anexo III desta orde, no cal se indicarán as datas e zonas. O modelo tamén estará á disposición na Guía do cidadán da páxina web http://www.xunta.es e http://www.xunta.es/conselleria-do-medio-rural-e-do-mar

Presentaranse cunha antelación mínima de 10 días ao inicio da actividade extractiva, nos rexistros das súas xefaturas territoriais ou comarcais da Consellería do Medio Rural e do Mar, ou en calquera dos lugares previstos no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro de 1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Así mesmo, tamén se poderá presentar na sede electrónica https://sede.xunta.es

3. Non se poderán realizar extraccións naquelas zonas en que existan plans de explotación para outros recursos.

Disposición adicional única. Presentación da solicitude de plan para o ano 2013.

1. As solicitudes dirixiranse á persoa titular da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, da Consellería do Medio Rural e do Mar, segundo o modelo que figura no anexo I desta orde e presentaranse antes do 1 de novembro, de acordo co establecido nos seguintes parágrafos. O modelo tamén estará á disposición na Guía do cidadán da páxina web http://www.xunta.es e http://www.xunta.es/conselleria-do-medio-rural-e-do-mar

Presentaranse no Rexistro Único e de Información do complexo administrativo de San Caetano ou no de calquera das súas xefaturas territoriais ou comarcais, ou en calquera dos lugares previstos no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A solicitude virá acompañada do plan de explotación orixinal e dunha copia en soporte informático.

As solicitudes virán asinadas pola persoa representante legal da entidade. Se a solicitude é para un plan conxunto, deberá ser asinado por todos os representantes ou constar o acordo de delegación expresa de nomeamento do representante.

2. As xefaturas territoriais, como órganos responsables da tramitación da solicitude, comprobarán que reúnen todos os requisitos; en caso contrario, poráselles de manifesto por escrito ás persoas interesadas para que nun prazo de 10 días remitan cantos datos, documentos complementarios e aclaracións se consideren necesarios para avaliar o plan. Se así non o fixesen, considerarase que desistiron da súa petición. A documentación requirida para a emenda da solicitude deberá ser presentada no rexistro da xefatura territorial da Consellería do Medio Rural e do Mar á cal lle corresponda a tramitación, salvo que no escrito de requirimento se sinale outra cousa. A documentación presentada nun rexistro distinto poderá ser inadmitida, a menos que teña entrada naquel dentro do prazo inicial de 10 días conferido para a súa entrega.

3. Non se aplicará o disposto no parágrafo anterior ás solicitudes que non veñan acompañadas como mínimo dos aspectos sinalados no artigo 2 da Orde de 18 de abril de 2006 e que se relacionan a continuación, que poderán non ser admitidas, logo da correspondente resolución de inadmisión:

– Obxectivos de explotación:

● Obxectivos de produción en quilos por especie de poliqueto ao longo do ano.

● Obxectivos económicos.

● Número de participantes no plan.

– Avaliación do recurso.

– Plan de extracción e comercialización:

● Datas previstas para a extracción das distintas especies.

● Número de días máximos de actividade.

● Tope de captura por mariscador/a para cada especie e día.

● Formas de comercialización.

● Normas de comercialización.

– Plan financeiro.

Disposición derradeira primeira.

Os plans de explotación presentados polas entidades que serviron de base para esta orde estarán dispoñibles nos servizos centrais, xefaturas territoriais correspondentes da Consellería do Medio Rural e do Mar, así como na sede das entidades responsables destes, sen prexuízo do cumprimento da Lei 15/1999 de protección de datos de carácter persoal. Os datos mínimos sobre os plans de explotación aprobados estarán dispoñibles nas páxinas web http://www.xunta.es/conselleria-do-medio-rural-e-do-mar e http://www.pescadegalicia.com

Disposición derradeira segunda.

Autorízase á persoa titular da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro para o desenvolvemento desta orde e que, co obxecto da mellora da xestión dos recursos marisqueiros e na procura dunha explotación sustentable destes, adopte as medidas de regulación necesarias en función do estado dos recursos e dos informes emitidos polos técnicos, e tras consultar o sector.

Disposición derradeira terceira.

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 13 de marzo de 2012.

P.A. (Decreto 83/2012, do 29 de febreiro; DOG núm. 44, do 2 de marzo)
Alfonso Rueda Valenzuela
Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

Cadro A: plans de explotación de poliquetos

Entidade (1)

Modalidade (2)

Especies (3)

Zona de traballo

Días máx. extracción

Épocas probables de extracción

Puntos de control

Provincia de Lugo

C.P. Foz

A pé

Am

Fondás e O Taro

156

De marzo a outubro

Foz: saída a Mañente

Barreiros: esteiro, saída a Barreira

Provincia da Coruña

A.M. Fonte de Santa Helena de Baldaio

A pé

Am

Lagoa externa de Baldaio

40

De marzo a outubro

Fonte de Santa Helena

C.P. A Coruña

A pé

MA

MSAS

Am

Li

Pedra do Sal; Leira (campo de fútbol); Leira; Leira (entre Leira e Caión); Caión (praia da Salseira); Barrañán (O Relojero); Balcobo Pequeno (praia de Balcobo Pequeno ata Pedra Herba); Ripibello; Os Castelos; praia de Sabón (A Térmica); Suevos (porto de Suevos ata a fábrica Ártabra); Bens (praia da Refinería); Bens (illa Redonda); O Portiño; Riazor/Orzán; San Amaro; Bastiagueiro Pequeno

155

De marzo a decembro

Zona de Suevos-fábrica Ártabra

C.P. Camelle, Corme, Laxe e Malpica (plan conxunto)

A pé

MA

MSAS

Li

Praias do ámbito territorial da confraría de Camelle; praias do ámbito territorial da confraría de Laxe, agás a praia de Laxe; praias do ámbito territorial da confraría de Corme, agás a praia do Osmo; praias do ámbito territorial da confraría de Malpica, agás as lagoas de Baldaio e as illas Sisargas

170

De marzo a decembro

Peiraos de Camelle, Corme, Laxe, Malpica e viveiro de Meaño

C.P. Corcubión

MA

MSAS

Am

Hd

Li

De punta Pión a punta Caneliñas; de cabo Cee a cabo da Nasa

30

De marzo a outubro

Porto de Corcubión

C.P. Ferrol

MSAS

Am

Hd

Li

Desde a ponte do tren ata Castelo San Carlos; desde Castelo San Carlos ata cabo Prioriño Grande; desde cabo Prioriño Grande ata cabo Prior; desde cabo Prior ata o faro de punta Frouxeira

131

De maio a outubro

Porto de Ferrol

C.P. Miño

A pé

Am

Dn

Hd

Li

Souto, Lombo de Castelo de Souto; río Láncara; Salinas; río Morto; Lombo do Castelo do Pedrido; punta praia Xúrela; praia pequena de Miño (Cebado); praia pequena de Miño (Couce) e Lombo de Espiñeira.

Ponte do Porco; final praia grande; Seixas e río Bañobre

140

De marzo a decembro

Porto praia pequena de Miño

C.P. Muros

MSAS

Am

Hd

Li

De punta Insua a punta Uhía

124

De marzo a decembro

Faro de Monte Louro, Ancoradoiro e peirao de Muros

C.P. O Pindo

A pé

Am

Dn

Hd

Li

De punta do Portiño a praia de Cornabecerra; praia de Area Branca; zona sur próxima á desembocadura do río Castro; O Rostro, Mar de Fóra e Arnela.

156

De marzo a outubro

Porto do Pindo

C.P. Porto do Son

A pé

Am

Dn

Hd

Li

De punta Cabeiro a punta Sagrada; de punta Sagrada a punta Magrío; de punta Castro a Porcalleira; de Porcalleira a río Sieira

98

De abril a outubro

Praia de Cabeiro, peirao de Porto do Son, praia Arnela, praia de Arealonga, Porcalleira e río Sieira

C.P. Porto do Son

MA

MSAS

Am

Dn

Hd

Li

De punta Cabeiro a punta Sagrada; de punta Sagrada a punta Magrío; de punta Castro a Porcalleira; de Porcalleira a río Sieira

60

De abril a outubro

Peirao de Porto do Son

Provincia de Pontevedra

A.M Pedra de Oliveira-Vilaboa

A pé

Am

Dn

Hd

Cabalo, Deilán, Río Maior, San Adrián (norte)

50

De marzo a decembro

Peirao de Santa Cristina de Cobres

C.P. Aldán-O Hío

A pé

Am

Dn

Hd

Li

Praia de San Cibrao; praia de Vilariño; O Cagallón; Area Brava e Castiñeiras

36

De marzo a outubro

Instalacións da confraría

C.P. Cambados

A pé

Am

Dn

Hd

Saco de Fefiñáns; Pantalán; Fefiñáns;

O Varal; Bebedeiros; Medio do Sarrido; Illeira

160

De marzo a decembro

Galpón da rúa de Montesaco en Santo Tomé e instalacións da confraría

C.P. Portonovo

A pé

Li

Praia Fagilda (ou Pociñas); praia de Pragueira; praia de Bascuas; praia de Montalvo; praia Canelas

119

De marzo a novembro

Instalacións da confraría

C.P. Redondela

A pé

Dn

Hd

A Portela (de Punta Monte Gordo a Punta de Socorro) e praia de Barra.

100

De abril a decembro

A Portela e instalacións da confraría

C.P. Vilanova

MA

Dn

As Sinas; Con Grande; Carballas; Negrenlas

92

De marzo a outubro

Embarcación na zona de traballo e instalacións da confraría

(1) Entidade

(2) Modalidade

Abreviatura

Abreviatura

A.M

Asociación de mariscadoras

MA

Mergullo en apnea

C.P.

Confraría de pescadores

MSAS

Mergullo con subministración de aire desde superficie

(3) Especies:

Abreviatura

Nome científico

Nome común

Am

Arenicola marina

Mangón, miñoca de area

Dn

Diopatra neapolitana

Miñoca de tubo, casulo

Hd

Hediste diversicolor

Miñoca

Li

Lumbrineris impatiens

Gabián

missing image file
missing image file
missing image file