Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 15 de marzo de 2012 Páx. 9292

III. Outras disposicións

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 27 de febreiro de 2012, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se ordena o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do acordo da comisión negociadora do Convenio colectivo de ámbito autonómico de Galicia para a actividade arqueolóxica, relativo á aprobación das táboas salariais para o ano 2012.

Visto o acordo polo que se aproban as táboas salariais para o ano 2012, que suscribiu a comisión negociadora do Convenio colectivo de ámbito autonómico de Galicia para a actividade arqueolóxica, na reunión que tivo lugar o 9 de febreiro de 2012, e de conformidade co disposto no artigo 90.2 e 3 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios e acordos colectivos de traballo.

Esta Dirección Xeral de Relacións Laborais,

ACORDA:

Primeiro. Ordenar o seu rexistro e depósito no Rexistro de Convenios e Acordos Colectivos de Traballo da Comunidade Autónoma de Galicia, creado mediante Orde do 29 de outubro de 2010 (DOG n.º 222, do 18 de novembro).

Segundo. Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de febreiro de 2012.

Odilo Martiñá Rodríguez
Director xeral de Relacións Laborais

ANEXO

– Pola AEGA:

Andrés Bonilla Rodríguez, presidente.

– Pola CIG:

Mario César Vila.

Elena Lima Olveira.

Ana Tembra Piñeiro.

Manuel Díaz Vázquez.

Reunidos nos locais da CIG de Santiago de Compostela, o día 9 de febreiro de 2012, sendo as 16.30 horas, as persoas á marxe sinaladas, en representación da Asociación Empresarial AEGA e da Federación de Banca, aforro, seguros e oficinas da Confederación Intersindical Galega, na respectiva representación que desempeñan de compoñentes da Comisión Negociadora do I Convenio colectivo de ámbito autonómico de Galicia para a actividade arqueolóxica, e recoñecéndose ambas as partes capacidade lexítima para negociar, chegan aos seguintes acordos:

Primeiro. As partes asinantes en representación da AEGA e da Federación de Banca, aforro, seguros e oficinas da Confederación Intersindical Galega, respectivamente, asinaron o I Convenio colectivo de ámbito autonómico de Galicia para a actividade arqueolóxica.

Segundo. O artigo 20.2 do Convenio colectivo establece que se revalorizarán as táboas salariais na mesma porcentaxe que o IPC real de cada ano.

Terceiro. Os reunidos na representación que desempeñan e con base no disposto no artigo 20.2 do Convenio colectivo, acordan abrir as negociacións para actualizar as táboas salariais conforme o IPC real.

Cuarto. Os reunidos chegan ao acordo de revalorizar as táboas salariais para o ano 2012 no 2,40%, acompáñanse a esta acta as táboas revalorizadas e asinadas polos comparecentes.

As partes confiren mandato a Breixo Losada Valdez, para que proceda a realizar os trámites necesarios para a súa presentación e rexistro ante a autoridade laboral e publicación do DOG.

O que en proba de conformidade asinan as partes no lugar e data indicados no encabezamento.

Categoría

Salario

base

Compl. asist.

Compl. transp.

PP.EE.

Vacac.

Salario br. mes

Salario br. ano

Director/a

1.420,93

182,36

325,65

267,21

133,6

2.329,75

27.957

Técnico/a

943,31

182,36

325,65

187,62

93,81

1.732,75

20.793

Técnico/a de apoio

857,55

182,36

325,65

173,3

86,65

1.625,51

19.506,12

Arqueólogo/a de empresa

937,88

182,36

108,54

186,71

93,36

1.508,85

18.106,2

Técnico/a especialista

943,31

182,36

217,09

187,62

93,81

1.624,19

19.490,28

Oficial auxiliar

772,88

182,36

325,65

159,2

79,61

1.519,7

18.236,4

Auxiliar

707,76

182,36

217,09

148,35

74,18

1.329,74

15.956,88

Xefe/a administrativo/a

801,16

182,36

108,55

163,94

81,94

1.337,95

16.055,4

Oficial administrativo/a

770,7

182,36

108,55

158,92

79,49

1.300,02

15.600,24

Auxiliar administrativo/a

707,76

182,36

108,55

148,35

74,18

1.221,20

14.654,4