Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 15 de marzo de 2012 Páx. 9290

III. Outras disposicións

Consellería de Economía e Industria

CORRECCIÓN de erros. Orde do 16 de febreiro de 2012 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para a consolidación e a estruturación de unidades de investigación competitivas nos centros tecnolóxicos de Galicia e se procede á súa convocatoria para o ano 2012.

Advertidos erros na Orde do 16 de febreiro de 2012 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para a consolidación e a estruturación de unidades de investigación competitivas nos centros tecnolóxicos de Galicia e se procede á súa convocatoria para o ano 2012 publicada no Diario Oficial de Galicia número 39, do 24 de febreiro de 2012, no seu anexo II (cadro de indicadores para os centros tecnolóxicos de Galicia), é necesario facer as seguintes correccións:

– No indicador n.º 6, na columna de fórmula, onde di: «Total ingresos en servizos de innovación/dotación á amortización do inmobilizado vinculado aos servizos de innovación do Centro Tecnolóxico», debe dicir: «dotación á amortización do inmobilizado vinculado aos servizos de innovación do Centro Tecnolóxico/Total ingresos en servizos de innovación».

– No indicador 16, para C.T. consolidados, na columna de limiar máximo, onde di: «1», debe dicir: «80%» e para C.T. Novos, na columna de limiar mínimo de Novos C.T., onde di: «0,1», debe dicir: «10%» e na columna de limiar máximo, onde dice:«0,4», debe dicir: «40%».

– No indicador 17, columna de limiar mínimo dos novos C.T., onde di: «1», debe dicir: «0,5».

– No indicador 18, columna de fórmula, onde di: «(Ingresos do ano por servizos de innovación e subvencións competitivas-custos anuais de aprovisionamento)/total dotacións á amortización de inmobilizado material e inmaterial do Centro Tecnolóxico no exercicio», debe dicir: «Total dotacións á amortización de inmobilizado material e inmaterial do Centro Tecnolóxico no exercicio/(ingresos do ano por servizos de innovación e subvencións competitivas-custos anuais de aprovisionamento)».

– No indicador 23 na columna de limiar mínimo dos novos C.T., onde di: «0,3», debe dicir: «0,25».

– No indicador 25 columna de limiar máximo dos novos C.T., onde di: «1», debe dicir: «0,6».