Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 15 de marzo de 2012 Páx. 9305

III. Outras disposicións

Escola Galega de Administración Pública

RESOLUCIÓN do 6 de marzo de 2012, da Escola Galega de Administración Pública pola que se convoca o Curso práctico sobre territorio e paisaxe en Galicia.

Dentro do plan de actividades da Escola Galega de Administración Pública para o ano 2012 e de acordo coas funcións atribuídas pola Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da Escola, e pola Lei 10/1989, do 10 de xullo, de modificación da anterior, convócase, en colaboración con Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canles e Portos de Galicia, coa Dirección Xeral de Sostibilidade e Paisaxe e coa Dirección Xeral de Administración Local, de conformidade cos convenios asinados no seu día cos distintos organismos, o Curso práctico sobre territorio e paisaxe en Galicia conforme ás seguintes bases:

1. Obxectivos.

– Achegar ao alumnado o contido da nova Guía de estudos de impacto e integración paisaxística.

– Describir os aspectos máis destacados das Directrices de Ordenación do Territorio e do Plan de Ordenación Territorial.

– Influencia dos documentos anteriores e exixencias na tramitación administrativa da avaliación ambiental de proxectos.

– Coñecer a estrutura e o funcionamento do Instituto de Estudos do Territorio.

2. Contidos.

Directrices de ordenación do territorio (DOT) e Plan de Ordenación do Litoral (DOT).

Avaliación de impacto ambiental. Recomendacións na tramitación administrativa da avaliación ambiental de proxectos.

Guía de estudos de impacto e integración paisaxística. Catálogos de paisaxe e directrices de paisaxe.

Ferramentas de xestión dixital para a representación e o deseño gráfico, aplicadas a proxectos de paisaxe.

Taller de proxectos I e II.

3. Destinatarios.

– Persoal da Administración local e autonómica de Galicia, que queiran formarse na aplicación práctica destes documentos.

– Técnicos que participen na redacción de proxectos, que queiran ampliar os seus coñecementos sobre as DOT, o POL e coñecer a nova Guía de estudos de impacto e integración paisaxística.

– Estudantes universitarios que desexen completar a súa formación en temas ambientais.

4. Desenvolvemento.

Este curso desenvolverase na Escola Galega de Administración Pública (EGAP) os días 26 e 27 de marzo de 2012.

Duración: 17 horas lectivas, en horario de mañá e tarde das 9.00 ás 14.00 horas e das 16.00 ás 20.00 horas.

5. Número de prazas.

Limitado pola capacidade do local.

6. Solicitudes.

Inscrición e pagamento de dereitos no Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canles e Portos de Galicia (http://www.ciccpgalicia.es)

7. Prazo.

O prazo de presentación de solicitudes finalizará o xoves 22 de marzo de 2012.

8. Modificacións.

A EGAP, xunto coas entidades asinantes do convenio, resérvanse a facultade de interpretar e de resolver as incidencias que poidan xurdir no desenvolvemento deste curso, así como a facultade de cancelalo se o escaso número de solicitudes non xustificase a súa realización.

9. Certificado de asistencia.

Será entregado un certificado de asistencia a aquelas persoas inscritas que participasen asiduamente e sempre que a súa asistencia sexa igual ou superior ao 85% das horas lectivas programadas. Neste documento aparecerán de forma expresa o contido, a data e o lugar de realización deste curso, así como a súa puntuación.

10. Puntuación.

De conformidade co establecido no Decreto 49/2009, do 26 de febreiro, sobre o exercicio das competencias da Comunidade Autónoma de Galicia respecto dos/as funcionarios/as con habilitación de carácter estatal, a puntuación para os alumnos que superen este curso establécese en 0,10 puntos.

Santiago de Compostela, 6 de marzo de 2012.

Pablo Figueroa Dorrego
Director da Escola Galega de Administración Pública