Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 8 de marzo de 2012 Páx. 8501

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (791/2009).

Juan Rey Pita, secretario do Social número 3 da Coruña, fago saber que no proceso seguido por instancia de José Antonio Turnes Martínez contra Electricidad Rellan, S.C., o Fogasa, Electricidad Rellan, S.C. administrador concursal, en reclamación por ordinario, rexistrado co n.º 791/2009, foi ditada a seguinte sentenza:

«Carlos López Picón, xuíz substituto do Xulgado do Social número 3 dos da Coruña, despois de ver os autos de procedemento ordinario n.º 791/2009, sobre reclamación de cantidade seguidos, entre partes, dunha, como demandante José Antonio Turnes Martínez, asistido polo letrado David Pena Díaz, e da outra, como demandados, a empresa Electricidad Rellan S.C., e o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) que non compareceron aos actos de conciliación e xuízo a pesar de estaren citados en legal forma, e a administradora concursal Beatriz Borrajo Dios, pronunciou en nome do rei a presente resolución.

Que debo estimar e estimo a demanda sobre reclamacion de cantidade, interposta polo demandante José Antonio Turnes Martínez, contra a empresa demandada Electricidad Rellan, S.C., a administradora concursal Beatriz Borrajo Dios e o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), e conden as demandadas a estaren e pasaren por esta declaración e á empresa demandada a aboar ao demandante a suma total que se reclama polo importe de mil setecentos trinta e seis euros con trinta e oito céntimos (1.736,38 euros), polos conceptos salariais sinalados, incrementada no 10% do interese de mora. Sen prexuízo da responsabilidade legal que poida recaer sobre a administración concursal e a legal subsidiaria do Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) para o suposto de que se declare insolvente á empresa demandada.

Notifíquese a presente sentenza ás partes, e fágaselles saber que contra esta non cabe interpor recurso de suplicación, para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, ao non superar a contía establecida no artigo 189.1 da L.P.L. de 1.803 euros.

Así o pronuncio, mando e asino, xulgando definitivamente en primeira instancia».

Publicación.-A anterior sentenza foi lida e publicada polo maxistrado que a pronunciou, celebrando audiencia pública no día da data, do que dou fe.

E para que sirva de notificación a Electricidad Rellan, S.C., expídese este edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 17 de febreiro de 2012.

O secretario xudicial