Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 8 de marzo de 2012 Páx. 8503

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (806/2011).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento obxectivo individual 806/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Luis Javier Rodríguez López e José Luis Paredes Ferrio contra a empresa Veirilo y Asociados, S.L., sobre despedimento, ditouse a seguinte resolución:

«Carlos Villarino Moure, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 3, tras ver o presente despedimento obxectivo individual 806/2011 por instancia de Luis Javier Rodríguez López e José Luis Paredes Ferrio, que comparecen asistidos polo letrado José Nogueira Esmorís, contra a empresa Veirilo y Asociados, S.L., que non comparece malia estar citada en legal forma.

Ditame:

1. Estimo a demanda sobre despedimento formulada por Luis Javier Rodríguez López e José Luis Paredes Ferrio, fronte á empresa Veirilo y Asociados, S.L., e en consecuencia, declaro a improcedencia do seu despedimento con condena da empresa indicada a que readmita inmediatamente os traballadores nas mesmas condicións que rexían antes de producirse o despedimento, ou ben, a elección do empresario, á extinción da relación laboral con aboamento da indemnización detallada no número segundo e terceiro deste ditame. Todo iso con aboamento, calquera que fose a súa opción, dos salarios de tramitación que non percibisen ata a data da notificación da presente sentenza.

A devandita opción deberá exercerse en cinco días a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido o devandito prazo sen que o empresario optase, entenderase que procede a readmisión.

2. Respecto de Luis Javier Rodríguez López, a indemnización e os salarios de tramitación que ten que aboar a empresa demandada, segundo o disposto no número anterior, son os seguintes:

– En concepto de indemnización, e de optar a empresa por ela: 7.837,76 € (sete mil oitocentos trinta e sete euros con setenta e seis céntimos de euro).

– En concepto de salarios de trámite, os deixados de percibir desde a data do despedimento a razón de 77,41 euros día, e que ata a data desta sentenza ascenden a 13.778,39 euros.

3. En canto a José Luis Paredes Ferrio, a indemnización e os salarios de tramitación que ten que aboar a empresa demandada son os seguintes:

– En concepto de indemnización, e de optar a empresa por ela: 7.473,38 € (sete mil catrocentos setenta e tres euros con trinta e oito céntimos de euro).

– En concepto de salarios de trámite, os deixados de percibir desde a data do despedimento a razón de 76,65 euros día, e que ata a data desta sentenza ascenden a 13.643,34 euros.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes advertindo que contra ela poderán interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia ou mediante escrito neste xulgado dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación. Advírtaselle igualmente ao recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habentes causa seus, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta en Banesto (0030.1846) a nome deste xulgado co número 1533 0000 65 0806 11, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado, co número 1533 0000 60 0806 11 a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola devandita cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de anuncialo.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo maxistrado que a ditou, estando celebrando audiencia pública no día da data, do que dou fe.

E para que sirva de notificación a Veirilo y Asociados, S.L., expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 17 de febreiro de 2012.

O secretario xudicial